Artigos coa etiqueta: comité de pais

Tempo de Magosto Scout!

O pasado dia 15 de novembro celebramos nas instalacións do local que temos en Busto o tradicional xantar de Magosto do Grupo Scout Chan. Ano tras ano o Comité de Pais e Nais do Grupo ven organizando este evento no que nos reunimos toda a gran familia do Grupo así como amigas e amigos e antigos membros do Grupo.

Aproveitamos a ocasión para desfrutar dun xantar comunitario e bastante campestre (se o tempo o permite) no que por suposto as castañas teñen unha presencia fundamental.

Á tarde tivo lugar a Asamblea de Nais e Pais da nova ronda solar 2014-2015. Nela, os scouters (educadores voluntarios e voluntarias) presentaron ás familias o plan anual deste ano, que recolle  os principais retos aos que o Grupo quere facer frente, así como os proxectos que se plantexan os propios rapaces e rapazas de todas as seccións educativas.

Tamén se procedeu, como de costume, a renovar parcialmente o Comité de Pais e Nais. Un órgano de participación que resulta moi importante na vida do Grupo, sobre todo á hora de organizar eventos como o propio Magosto.

E así nos citamos coas castañas para o ano que vén!

Parte da Manada no Magosto

 

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Moita actividade: andaina, inauguración, acampada, e… Sardiñada!!

Hoxe sábado será un día de moita actividade no Grupo Scout Chan 292

A Manada, a Tropa e a Unidade Esculta comezarán as súas correspondentes actividades a partir das 10:30,  no local que temos en San Pedro de Busto.

Será un día moi especial para os tropeiros posto que despois de moitas xornadas de traballo, limpando, lixando, pintando… á fin van a inagurar  a súa parte do local de Busto, o cal redecoraron completamente. Para celebralo, a Tropa quedarase de acampada durante a fin de semana.

¿E o Clan?

O Clan, pola súa banda, tamén vai reunirse en Busto co resto do Grupo, pero o vai facer dun xeito moi rover: van ir camiñando seguindo a antiga vía do tren, dende o norte de Santiago ata Busto, pasando por Sionlla e Verdía. É un tramo que foi desmantelado fai un tempo e que sería interesante recuperar como vía de sendeirismo, ou Via Verde o cal están intentando potenciar algunhas plataformas sociais e veciñais de Santiago.

Pero iso non é todo… o motivo de que todos os rapaces do Grupo se xunten en Busto é a celebración de dous grandes eventos:

Por unha banda, ás 13:00  celebrarase un Certame Literario, no que participan os rapaces de todo o Grupo e ó cal poden tamén asistir nais, pais, amigos  e antigos membros do Grupo…

… e que ninguén se mova, porque a partir das 14:00 comeza un dos eventos máis tradicionais do noso Grupo, a Sardiñada, organizada polo Comité de Nais e Pais do Grupo. ¡Haberá sardiñas e churrasco para todos!

En definitiva, un día de moita actividade no Grupo Chan, ¡pasémolo en grande mentres construímos un mundo mellor!

Categorías: Clan, Grupo, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,,,,,,,,,, | 1 Comentario

Festival Scout Galego

¡Xa case está aquí!

O vindeiro sabado 17 celebráse o XXXII Festival Scout Galego de ASDE-Scouts de Galicia en A Coruña.

Durante este fin de semana xuntarémonos scouts de toda Galicia para desfrutar xuntos dunha serie de actividades, nun evento que ano tras ano convértese nunha das actividades favoritas dos nosos rapaces.

Nesta ocasión o Festival (e as actividades que o engloban) estará organizado polo Grupo Scout Semente. Xa teñen listo todo, ata as camisetas deste ano…

O Grupo Chan acodirá ó Festival, coma sempre, con toda a ilusión por facer un bó papel, pero sobre todo con moitísimas ganas de pasar dous días inesquecibles convivindo e compartindo cos irmáns scouts doutros Grupos.

Lembrade que os pais, nais, familiares e amigos do Grupo estades todos invitados a ver o certame do Festival. Será no colexio Calvo Sotelo. As portas abriranse as 16:30, e o Festival dará comezo ás 17:00.

Para as familias do Grupo, lembramos os datos máis importantes da Folla de Ruta do Festival:
Datas: 17 e 18 de Marzo
Saída: sábado 17 ás 8:45 no local de Vista Alegre
Chegada: O domingo 18 ás 17:00 no local de Vista Alegre
Material: saco, esterilla, neceser, toalla, roupa e calzado de deporte (para ás olimpiadas do domingo) comida do primeiro día, chuvasqueiro, roupa de abrigo e o uniforme completo.

Se tedes algunha dúbida poñédevos en contacto cos vosos scouters

¡¡Vémonos o sábado!!

E para ir entrando en calor… o video da actuación do Grupo Chan no Festival do ano pasado:

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,, | 1 Comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.