Artigos coa etiqueta: acampada

¡A Manada estivo de acampada!

Acampada Manada Semana Santa
 
Esta fin de semana a Manada desfrutou da súa Acampada de Semana Santa en Marantes!
 
Queredes saber algo do que fixeron? Pois lede un pouquiño máis… 😉
 
Os rapaces e rapazas o pasaron xenial facendo un montón de xogos e actividades. 
M_manteo
Realizaron a súa primeira Caza do ano “Potato-King”, onde os locos monos Banderlog tiñan preparados para eles/as unha gran cantidade de probas para metelos/as no manicomio das Moradas Frías!
M_juego
Menos mal que despois foron rescatados/as por unhas Gaviotas moi especiales… E con elas celebraron unha gran velada pola noite! 
 
Tamén tivemos moitos lobatos/as que fixeron a promesa e pasaron de rastro. Noraboa!
 
Aquí deixámosvos máis fotos do ben que o pasaron os nenos e nenas da Manada Seeonee 🙂

M_Manada

😄

Categorías: Manada | Etiquetas: , | Deixar un comentario

A actitude de deixar as cousas mellor de como se atopan

dsc_1435Como xa sabedes estes días 25 e 26 de febreiro o Grupo Scout Chan estamos a desfrutar dunha das actividades que máis nos gusta: ¡saír de acampada!

 

Estamos desfrutando da nosa xa tradicional Acampada conxunta de Entroido, todos os rapaces e rapazas do Grupo Scout Chan xuntos, nesta ocasión visitando por primeira vez o Centro Scout de Abeiro (Compostela) que teñen os nosos irmáns e irmás scouts da outra asociación scout galega: Escultismo Católico Galego.

 

Os mozos e mozas da nosa Unidade Esculta e o noso Clan de Rovers realizaron unha acción de servizo durante a mañá do sábado. Os scouts deixamos as cousas mellor de como as atopamos e por iso quixeron colaborar co Centro Scout Abeiro montando un toldo fixo e rematando de acondicionar unhas ventás do edificio principal.

Aquí vos deixamos unhas fotos:

dsc_1406
dsc_1407
Categorías: Clan, Grupo, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,, | 1 Comentario

Marcarse un novo reto, un novo proxecto

“A Unidade Esculta aproveitamos uns días da pasada semana santa para saír de acampada, sen facer moito caso da baixada de temperaturas e a ameaza da chuvia. Desta vez, estivemos moi preto das Torres de Altamira, un lugar precioso, que ademáis agora ten un cachito de min (chámase Laurelio, para os amigos Laurelito), xa vos explicarei esto máis adiante.

IMG_0432

Alí realizamos numerosas actividades: o primeiro día, trala montaxe, foi o momento de repensar o noso proxecto. E tras debatilo con calma, decidimos cambialo e reenfocalo. Agora temos un novo proxecto, dificíl pero que comezamos  con alegría e ilusión: ¡ímonos a Valencia! A nosa meta será participar no campamento de Escultas que organiza ASDE-Scouts de España, onde compartiremos experiencias con rapaces e rapazas de diferentes lugares.

Tras deixar reenfocado o noso proxecto, realizamos xogos e actividades para traballar a nosa confianza e finalizamos o día cantando baixo as estrelas, e nunca mellor dito (ese era o nome da nosa velada, a cal consistía basicamente niso: perder o noso medo escénico cantando).

A segunda xornada empezou algo mal, nos faltaban cousas, ía todo moi tarde, non atopabamos servizo (aínda que iso si, deixámolo todo algo máis limpo) pero rimos e cantamos ante as dificultades, como todo bo scout, para levar unha tarde alegre; na que, un servidor, deu un paso máis na súa progresión persoal na Unidade. E por iso o comentario do principio do texto, xa que me refría a árbore que trasplantei para simbolizar o meu novo compromiso.

A noite acabou cuns xogos na escuridade, nas que, para variar, non se mancou ninguén, jeje.
E así chego o último día, o cal empezou forte, onde outra persoa da Esculta decidiu dar un paso máis na súa progresión (felicidades María, telo realmente merecido!), e comezamos a desmontaxe, tras uns divertidos xogos de rol, nos que traballamos todo o relacionado con prexuízos existentes ante as diversas relixións.

Despois diso, última comida, revisión e correndo para o bus (chegamos a tempo eh!).
E así é como viviu a Esculta a súa acampada de semana santa, agora xa só nos queda mirar cara adiante, todo o que nos queda por facer; o noso obxectivo, tan preto e tan lonxe, todo depende de nós: Valencia verémonos as caras!”

(Raúl. membro da Unidade Esculta)

Fotografía presentada pola Unidade Esculta do Grupo Chan para o concurso #VidaNaNatureza da Federación ASDE-Scouts de Galicia

Fotografía presentada pola Unidade Esculta do Grupo Chan para o concurso #VidaNaNatureza da Federación ASDE-Scouts de Galicia

Categorías: Unidade Esculta | Etiquetas: , | Deixar un comentario

#AcampadaEntroido2016: afrontar as dificultades con ledicia

Como cada ano sobre estas datas, o Grupo Scout Chan vaise de acampada, todas as ramas xuntas, e como non este ano non sería menos.

_MG_1472O sábado pasado saímos do local de Vistalegre coas nosas mochilas ás costas e con moitas ganas de pasalo ben. Chegamos a Chapa, a unha carballeira espectacular que descansa ao carón dun pequeno río. Un fermosos lugar que xa acolleu outras acampadas e o campamento de verán do 2007.

A acampada comezaba ben e non nos choveu ata un pouco antes da comida, pero entón a cousa comezou a poñerse fea, toldos que non paraban de desmontarse e algunha tenda que se encharcou. Vendo o panorama decidimos trasladar a acampada ao noso local de Busto (¡de cantas acampadas nos ten salvado…!:)),

A partir dese momento as cousas comezaron a tomar o seu rumbo, continuando coas actividades que tiñamos previstas.

O domingo puidemos disfrutar dende primeira hora do noso tradicional xogo conxunto, nesta ocasión tratouse dunha viaxe no tempo a través da historia do Grupo, onde os rapaces tiveron que pasar diferentes probas ata chegar ao presente, facéndose un pouco máis coñecedores da nosa historia, durante a viaxe estiveron acompañados dos “cordenedores do Grupe Scoute Chen 293” quen facían moitas das cousas incorrectas, e dos A.T. (axentes do tempo) que trataban de impedir a viaxe dos nosos rapaces. Pero como os nosos rapaces son máis áxiles conseguiron chegar ao presente e de seguro que aprenderon unhas cantas cousas que non coñecían do pasado do noso grupo._MG_1494

Pola tarde continuamos coas respectivas actividades das ramas e culminamos a acampada co “Adeus Scout”

Debemos resaltar tamén que nesta acampada se celebraron varias cerimonias de progresión: Na Unidade Esculta felicitar a Catalina pola súa Promesa, ¡xa temos unha scout máis entre nós!. Por outra banda o  tamén esculta Pedro deu un paso cara adiante, fixo a insignia do bosque para pasar ao camiño da montaña e comezar a ter un rol máis de animación cos seus compañeiros e compañeiras. _MG_1517

E finalmente no Clan, Walter decidiu comprometerse e asinar a Carta do Clan, co cal pasa á comunidade de escudeiros.

¡Noraboa aos tres!

 

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.