Como cada ano sobre estas datas, o Grupo Scout Chan vaise de acampada, todas as ramas xuntas, e como non este ano non sería menos.
O sábado pasado saímos do local de Vistalegre coas nosas mochilas ás costas e con moitas ganas de pasalo ben. Chegamos a Chapa, a unha carballeira espectacular que descansa ao carón dun pequeno río. Un fermosos lugar que xa acolleu outras acampadas e o campamento de verán do 2007.
A acampada comezaba ben e non nos choveu ata un pouco antes da comida, pero entón a cousa comezou a poñerse fea, toldos que non paraban de desmontarse e algunha tenda que se encharcou. Vendo o panorama decidimos trasladar a acampada ao noso local de Busto (¡de cantas acampadas nos ten salvado…!:)),
A partir dese momento as cousas comezaron a tomar o seu rumbo, continuando coas actividades que tiñamos previstas.
O domingo puidemos disfrutar dende primeira hora do noso tradicional xogo conxunto, nesta ocasión tratouse dunha viaxe no tempo a través da historia do Grupo, onde os rapaces tiveron que pasar diferentes probas ata chegar ao presente, facéndose un pouco máis coñecedores da nosa historia, durante a viaxe estiveron acompañados dos “cordenedores do Grupe Scoute Chen 293” quen facían moitas das cousas incorrectas, e dos A.T. (axentes do tempo) que trataban de impedir a viaxe dos nosos rapaces. Pero como os nosos rapaces son máis áxiles conseguiron chegar ao presente e de seguro que aprenderon unhas cantas cousas que non coñecían do pasado do noso grupo.
Pola tarde continuamos coas respectivas actividades das ramas e culminamos a acampada co “Adeus Scout”
Debemos resaltar tamén que nesta acampada se celebraron varias cerimonias de progresión: Na Unidade Esculta felicitar a Catalina pola súa Promesa, ¡xa temos unha scout máis entre nós!. Por outra banda o tamén esculta Pedro deu un paso cara adiante, fixo a insignia do bosque para pasar ao camiño da montaña e comezar a ter un rol máis de animación cos seus compañeiros e compañeiras. 
E finalmente no Clan, Walter decidiu comprometerse e asinar a Carta do Clan, co cal pasa á comunidade de escudeiros.
¡Noraboa aos tres!