Qué facemos

Nos scouts non realizamos actividades illadas e puntuais senón que en realidade desenvolvemos todo un programa educativo que afronta dun xeito integral todas as dimensións da persoa e tódolos ámbitos educativos nos que cremos que se deben formar e medrar os rapaces e rapazas. Isto levámolo a cabo en base a unha programación específica anual que se asenta sobre os principios dunha serie de documentos e ferramentas amplas e integrais que revisamos periódicamente, e estando sempre atentos a cales poden ser as prinicipais necesidades educativas dos nenos, nenas e mozos cos que traballamos no Grupo.

Deste xeito conquerimos un seguimento persoalizado da evolución de cada un dos rapaces e rapazas que forman parte do Grupo Scout, ó longo da súa traxectoria dentro do mesmo, ano tras ano.

Así, aplicando os principios fundamentais da nosa metodoloxía de traballo (orixinal e en certo modo imitada en varios ámbitos), realizamos unha infinidade de actividades diferentes, sempre primando o contacto coa natureza, ó aire libre, das cales algunhas das máis frecuentes poden ser:

Xogos (ferramenta fundamental e válida para a transmisión de contidos e valores)

 

 

 

 

 

Obradoiros (aprendemos a facer cousas e a desenvolver todo tipo de técnicas,etc)

FB_IMG_1572970409003

 

Accións de servizo (ensinamos ós rapaces a ser voluntarios, poñéndoo en práctica)

SE13

 

 

FB_IMG_1572970435129

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Saídas e marchas (dunha xornada)

FB_IMG_1572970517817

 

Acampadas (fins de semana, períodos festivos…)

FB_IMG_1572970477200

PG34

 

Campamentos de verán (dúas semanas en xullo)

PG35

 

 

Inicio

Deixar un comentario

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.