Rovers

A derradeira etapa na educación scout é o Clan de Rovers, que abrangue entre os 17 e os 21 anos.
Os Rovers son mozos e mozas comprometidos, comprometidos consigo mesmos e coa sociedade, comprometidos coa asunción persoal de responsabilidades e con esforzarse por tratar de transformar o mundo que lles rodea.
Os Rovers deseñan e preparan eles mesmos todas as súas actividades e proxectos, sempre na procura de servir, de axudar ós demáis, de transformar e mellorar o seu entorno inmediato. O máis importante dos proxectos que realizan en equipo é a “Empresa“.
Pero o día a día dun Rover desenvólvese de xeito individual. Cada rover é unha persoa distinta e polo tanto terá intereses e inquedanzas distintos e para responder a isto o/a rover deseña o seu propio proxecto persoal e as súas propias accións de servizo e transformación social.
O seu lema e “Servir“.
FB_IMG_1572973579874
O Clan actualmente asumiu o nome de Clan Triskel, e ten o seu propio espacio na rede. Podedes atopalos en instagram: https://www.instagram.com/clanchan292/
Tamén podedes visitalos nunha antiguo blog, e descubrir pasadas experiencias:

Atrás

Inicio

12 Comentarios

Blog en WordPress.com.