O noso Clan Poole está en pleno proceso de preparación da súa Empresa Rover* e para conseguir autofinanciar o seus costes veñen a propoñernos a toda a gran familia do Grupo así como a amigos e achegados que podemos contar con eles para coidar de cativos como “canguros“, así como toda unha serie de servizos complementarios relacionados con celebracións e eventos infantís.
Velaquí os deixamos o seu cartel informativo, así como os teléfonos de contacto, que son de dúas das Rovers
Xa sabedes, se necesitades unha canguraxe ou ben necesitades axuda cun evento para nenos e neas, non dubidedes en contar cos mozos e mozas do Clan
*Nota: a Empresa Rover ven sendo o gran proxecto deseñado, planificado e xestionado pol@s mesm@s Rovers, segundo a ferramenta educativa da dinámica de proxectos, e no caso de necesitar financiamento este virá dado por traballos e logros que os propios mozos e mozas acaden e realicen.