O Grupo Scout Chan 292

Nos scouts a unidade básica de organización é o Grupo Scout, onde as rapazas e rapaces están agrupados segundo as súas idades, acompañados dun colectivo de educadores scouts voluntarios que son os responsables do Grupo e de desenvolver a labor educativa dos rapaces. Os pais dos rapaces tamén colaboran co Grupo apoiando a organización dalgunhas actividades.

O Grupo Scout 292 Chan (Ashanti 523 integrado)

O Grupo Chan está legalmente constituído como asociación, como unha entidade prestadora de servizos e sen ánimo de lucro. O noso obxectivo é a educación no tempo de lecer de nenos, nenas e rapaces entre os 8 aos 21 anos baixo os valores e o método do escultismo.

O Grupo Scout Chan pertence a ASDE-Scouts de Galicia e a través desta, a ASDE-Scouts de España e polo tanto forma parte do escultismo plural recoñecido pola Organización Mundial do Movemento Scout (WOMS).

O Grupo Scout Chan 292 foi fundado en Santiago en 1975. Nesta cidade creouse outro grupo en 1990 o Ashanti 523, pero en 2006 cesou a súa actividade, integrándose os seus rapaces e educadores no Chan.

Levamos polo tanto máis de 35 anos educando a nenos e rapaces. Educamos no tempo de lecer a través o traballo en equipo, o contacto co medioambiente, a coeducación, a acción social e os valores (tolerancia, respeto, igualdade, solidariedade…) procurando que os rapaces se convertan en cidadáns útiles e con inquedanzas por tratar de mellorar o mundo que os rodea, que se convertan en potenciais voluntarios.

Na sección de “Descargas” podes descargar o documento “Proxecto Educativo”, que vén a presentar que é, como se orgnaiza e que obsxectivos educativos se marca o Grupo Scout Chan 292.

CE20

3 Comentarios

3 reflexións sobre “O Grupo Scout Chan 292

  1. Pingback: ¡Máis de 3000 visitas! « Grupo Scout Chan 292

  2. Eu

    Non tendes fotos de fai algúns anos? Faríame ilusión verme por ahí!

  3. Ola “Eu”. sen saber quen es non te podo dicir se temos material gráfico no que saias. Tratamos de empregar, como é lóxico, o material máis actualizado. Quizais mási adiante podamos abrir unha sección de fotos más vellas. Grazas por seguirnos
    Para calquera dúbida ou aportación podes escribir a redessociais.gruposcoutchan@gmail.com

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.