O Movemento Scout

Os Scouts son un movemento educativo presente en todo o mundo ao que pertencen máis de 50 millóns de persoas, entre mozos e mozas e adultos, homes e mulleres, que comparten un mesmo sistema de valores a través da Promesa e a Lei Scout. e o desexo de construír un mundo mellor.

JPP07282011_651

A nosa Visión

Creemos que a educación o é todo e por elo traballamos por un mundo mellor, máis xusto e solidario, onde o coidado do medio ambente, o respeto os dereitos humáns e o entendemento entre as persoas e os pobos sexa unha realidade.

A nosa Misión

A misión do escultismo é contribuir á educación dos mozos e mozas, a través dun sistema de valores basado na Promesa e a Lei Scout, para axudar a crear un mundo mellor onde as personas poidan desenvolverse como individuos e xogar un papel constructivo na sociedade.

Para alcanzar esta misión consideramos fundamental:

  • Educar na liberdade, a xustiza, a solidariedade e a responsabilidade persoal e comunitaria, no marco da convivencia, o respeto e o servizo.
  • Promover aqueles valores espirituais, inherentes á persoa, que axuden a superar o individualismo e o materialismo, e favoreza a formación da súa personalidade.
  • Despertar o espíritu crítico e participativo, respetando a liberdade persoal e promovendo hábitos de vida saúdable, que permitan analizar as ideoloxías e opcións que a sociedade presenta para posteriormente elexir unha opción de vida.
  • Impulsar a comprensión e o desenvolvemento na nosa sociedade, promovendo o cuidado e defensa do medio ambente e estimulando accións de cooperación e servizo aos demáis.

Atrás
Inicio
Deixar un comentario

Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.