Grupo Scout Chan 292

Un mundo mellor, xuntos

Educamos a nenas, nenos e mozos a través do escultismo para seguir construíndo un mundo mellor. Sempre Listos!

CONTACTAR

Que facemos

O Grupo Scout Chan 292, inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia co nº 2010/014082-1 (AC) e con CIF G70250428, é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como misión contribuír á educación de nenas, nenos e mozos a través dun sistema de valores baseado na Lei e a Promesa Scout. Facémolo mediante actividades semanais, xogos educativos, excursións, acampadas e campamentos, vida ao aire libre e proxectos de servizo á comunidade, sempre con voluntariado formado e organizados por idades.

This post is also available in: Inglés Español