–
Este fin de semana (20-21 de outubro) o Grupo Scout 292 Chan comeza as súas actividades. E como vén sendo tradición, o fará coa Acampada de Paso de Ramas, na que participan todos os rapaces e rapazas do Grupo. Esta acampada serve para poñer o broche final á ronda pasada e dar paso á nova.
Aínda que tan só é un fin de semana, nesta acampada realizarnase varias actividades de importancia e trascendencia:
- Por unha banda, cómpre avaliar o que deu de sí a ronda pasada, e polo tanto, todas e todos os lobatos, tropeiros, escultas e rovers cualificarán todo o realizado por eles durante o curso pasado.
- Además celebrarase a Asamblea de Grupo, na que o Kraal de Scouters lles explicará ós scouts cales serán as liñas de actuación e as actividades máis destacables do novo curso, así como a composición dos Equipos de Scouters de cada sección. Nesta Asamblea tamén se someterán a votación propostas formuladas polos propios rapaces, o cal supón un momento moi importante na vida do Grupo, xa que ss pón de manifesto que ten o memos valor o voto a e voz dunha pequena lobata que a dunha scouter.
- E por último, o domingo se celebrará a Cerimonia de Paso de Ramas, que sempre resulta moi emotiva. Nela se dará conta pública da progresión de todas e todos os rapaces que este ano comezan unha nova etapa na sección seguinte á que estiveron nos últimos anos.
E por suposto non faltarán os xogos, as cancións e as sorpresas.
Será un placer e unha ledicia poder volver a desfrutar do contacto coa natureza, da luz do sol (se o tempo acompaña), do rumor do río e da sombra dos carballos…

A lúa sae sobre a carballeira, á tardiña
Y allí estuvimos, viviendo un momento único. Como cada Paso de Ramas, aunque este el más especial para mí. Gracias a todos los que lo hicisteis posible.
Pingback: ¡Ven a coñecernos! « Grupo Scout Chan 292