Artigos coa etiqueta: entroido

¡Todo listo para o I #FestiChan!

¿Estades xa preparados e preparadas para o I FestiChan de Entroido?! Nós si!

Debido a gran acollida da iniciativa e a meteoroloxía prevista para mañá sábado vos informamos de que manteremos o formato da actividade pero que o lugar de realización será finalmente na sala-teatro do Centro Don Bosco (Rúa Belvis, 2) que nos ceden para esta ocasión tan especial.

O resto do #PlanScout segue igual! Vos recordamos o máis importante:

  • Sábado 18 de febreiro, de 16h a 19h no Centro don Bosco (Rúa Belvis, 2)
  • Entrada solidaria: 1Kg alimentos non perecedeiros (que doaremos ao Banco de Alimentos)
  • Disfraz recomendado pero non obrigatorio
¡O pasaremos moi ben!
Vémonos alí I FestiChan
Categorías: Grupo | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

¡Acampada de Entroido!

Un ano máis achégase o tempo do Entroido e con el chega tamén a tradición do Grupo Scout Chan de saír de acampada conxunta, todos os rapaces e rapazas do Grupo.

Esta época nestas terras galegas adoita ser un pouco fría, pero como sabedes o Scout ri, canta e é animoso ante as dificultades, de modo que un pouco de frío non é motivo para quedar na casa tirado no sofá pra ver a televisión… colleremos o noso xersei ou forro polar, a mochila e sairemos a pasalo moi, moi ben ó aire libre, que para iso somos Scouts

SAÍDA: Venres 13 de febreiro ás 18:00h no local de Vista Alegre. (¡¡Moi importante ser puntuais!!)

REGRESO: Domingo 15 de febreiro sobre as 18.30 no local de Vista Alegre.

Tedes toda a información na Folla de Ruta que se entregou fai uns días. Se non a tedes, podedes descargala na sección de Descargas https://gruposcoutchan292.org/descargas/

É preciso que todos os rapaces e rapazas do Grupo confirmen a súa asistencia. Para isto, poñédevemos en contacto cos vosos scouters por correo electrónico ou teléfono

10593141_921639971187479_2989154740998653158_n

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Lembranzas da Acampada de Entroido 2012

Un ano máis os membros do Grupo Scout Chan 292 aproveitamos a ponte do entroido para desfrutar da natureza e fomos de acampada.

Como xa é tradición, acampamos todo o Grupo, todas as seccións, na mesma carballeira, en Arca, pretiño de A Estrada. Nesta acampada, ademais de facer distintas actividades, xogos, obradoiros e dinámicas; como vén sendo tradicional fixemos un gran xogo que durou os dous primeiros días e no que participamos todos os rapaces e rapazas, organizados en equipos que mesturaban pequenos e maiores.

Este ano o xogo trataba sobre os colectivos sociais desfavorecidos. Deste xeito había anciáns, inmmigrantes, persoas sen recursos.. O obxectivo era concienciarnos que nestes tempos de crise e problemas, hai colectivos que se atopan en situacións especialmente comprometidas e que non podemos ignoralos e deixalos atrás.

Velaquí vos deixamos algunhas fotos da acampada:

Rapaces caracterizados para o gran xogo

Rapaces caracterizados para o gran xogo

Ensaio da canción

No Entroido... ¡o cocido que non falte!

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.