

😄
😄
¿Estades xa preparados e preparadas para o I FestiChan de Entroido?! Nós si!
Debido a gran acollida da iniciativa e a meteoroloxía prevista para mañá sábado vos informamos de que manteremos o formato da actividade pero que o lugar de realización será finalmente na sala-teatro do Centro Don Bosco (Rúa Belvis, 2) que nos ceden para esta ocasión tan especial.
O resto do #PlanScout segue igual! Vos recordamos o máis importante:
#40aniversarioGSChan292 #40anoscamiñandoxuntos #XLaniversario
“Queridos compañeiros e compañeiras,
Como sabedes este ano é moi especial para o grupo, xa que cumpre nin máis nin menos, que 40 anos.
40 anos de escultismo,
40 anos de rutas, aventuras, acampadas cargadas ás costas,
40 anos de risas, alegrías, ilusións,
40 anos crecendo xuntos…
E non queriamos celebrar esta ocasión sen vós.
É por iso que vos convidamos (e pedímosvos que fagades extensible esta invitación) ao acto de Inauguración do 40 Aniversario no que se presentará o logo oficial que nos representará durante todo este ano.
Informarase tamén das principais actividades organizadas e daremos o pistoletazo de saída a un ano de celebración no que todos, estamos de aniversario.
Sen máis, moitas grazas de antemán e nos vemos o sábado.”
A Coordinación do Grupo Scout Chan 292
¿Coñecedes o reto Quimions? Pois volo explicamos: se trata dunha iniciativa totalmente altruista que busca dotar dun pouco de maxia e alegría aos servizos hospitalarios de pediatría, en especial aos de oncoloxía. O proxecto consiste en elaborar “Quimions“, que son unhas fundas reutilizables para as bolsas de sueros e medicamentos que se administran por vía intravenosa. Estas fundas terán motivos alegres, fundamentalmente personaxes das series e películas infantís preferidas dos rapaces. Todas as seccións do Grupo Scout Chan están colaborando neste proxecto, de modo que poderemos entregar unha boa pila de fundas elaboradas polos nosos nen@s e moz@s #retoQuimions
Tedes toda a información na páxina web da iniciativa: http://www.retoquimions.org/index.html
Vos deixamos tamén unhas fotos da Manada elaborando os seus Quimions na reunión do sábado pasado en Busto.