“A Unidade Esculta aproveitamos uns días da pasada semana santa para saír de acampada, sen facer moito caso da baixada de temperaturas e a ameaza da chuvia. Desta vez, estivemos moi preto das Torres de Altamira, un lugar precioso, que ademáis agora ten un cachito de min (chámase Laurelio, para os amigos Laurelito), xa vos explicarei esto máis adiante.

Alí realizamos numerosas actividades: o primeiro día, trala montaxe, foi o momento de repensar o noso proxecto. E tras debatilo con calma, decidimos cambialo e reenfocalo. Agora temos un novo proxecto, dificíl pero que comezamos con alegría e ilusión: ¡ímonos a Valencia! A nosa meta será participar no campamento de Escultas que organiza ASDE-Scouts de España, onde compartiremos experiencias con rapaces e rapazas de diferentes lugares.
Tras deixar reenfocado o noso proxecto, realizamos xogos e actividades para traballar a nosa confianza e finalizamos o día cantando baixo as estrelas, e nunca mellor dito (ese era o nome da nosa velada, a cal consistía basicamente niso: perder o noso medo escénico cantando).
A segunda xornada empezou algo mal, nos faltaban cousas, ía todo moi tarde, non atopabamos servizo (aínda que iso si, deixámolo todo algo máis limpo) pero rimos e cantamos ante as dificultades, como todo bo scout, para levar unha tarde alegre; na que, un servidor, deu un paso máis na súa progresión persoal na Unidade. E por iso o comentario do principio do texto, xa que me refría a árbore que trasplantei para simbolizar o meu novo compromiso.
A noite acabou cuns xogos na escuridade, nas que, para variar, non se mancou ninguén, jeje.
E así chego o último día, o cal empezou forte, onde outra persoa da Esculta decidiu dar un paso máis na súa progresión (felicidades María, telo realmente merecido!), e comezamos a desmontaxe, tras uns divertidos xogos de rol, nos que traballamos todo o relacionado con prexuízos existentes ante as diversas relixións.
Despois diso, última comida, revisión e correndo para o bus (chegamos a tempo eh!).
E así é como viviu a Esculta a súa acampada de semana santa, agora xa só nos queda mirar cara adiante, todo o que nos queda por facer; o noso obxectivo, tan preto e tan lonxe, todo depende de nós: Valencia verémonos as caras!”
(Raúl. membro da Unidade Esculta)

Fotografía presentada pola Unidade Esculta do Grupo Chan para o concurso #VidaNaNatureza da Federación ASDE-Scouts de Galicia