Artigos coa etiqueta: unidade esculta

¡Sardiñada e Asamblea!

O vindeiro Sábado 20 celebraremos no local de Busto a SARDIÑADA que con motivo da Festividade de San Xoán organizamos tódolos anos tradicionalmente.

Sobre as 14:00 comezaremos a hincarlle o dente ás sardiñas, xamón asado, chourizos e postres variados cociñados pola Unidade Esculta. ¿A que soa ben? Mmmm 😛

E pola tarde, despois de repousar a comida e de participar nalgúns xogos,  a iso das 16:30, terá lugar a Asamblea Semestral do Grupo, á que están convidados as nais e pais do Grupo. O tema central será informar sobre o campamento de verán.

Tedes a circular con toda a información na sección de Descargas desta web.

É IMPORTANTÍSIMO confirmar a Asistencia ou Non asistencia, a través dunha mensaxe ao correo de Grupo (gruposcoutchan292@gmail.com), especificando o número de membros da familia que asistirán. Bulide porque o plazo se pecha mañá domingo.

E non queremos deixar de salientar e agradecer públicamente o esforzo e o traballo do Comité de Nais e Pais na organización deste evento.

Advertisements
Categorías: Grupo | Etiquetas: ,, | 1 Comentario

Un blog que deberías seguir

blog1Xa temos falado en máis dunha ocasión sobre un dos nosos blogs favoritos, pero queremos volver a chamar a vosa atención sobre el e invitarvos a visitalo e coñecelo.

Se trata de Crecer siendo Scout

Un blog creado e xestionado por unha das familias que forman parte do noso Grupo Scout Chan 292. En concreto é unha idea dos pais (Ángeles e Esteban), pero os rapaces tamén colaboran con frecuencia na elaboración dos novos artigos e novas.

Nel podedes atopar infinidade de relatos de anécdotas sobre distintas actividades, resumo de acampadas, aventuras vividas nos campamentos, etc. Sempre acompañados de moitas fotografías e videos. Todo isto dende o punto de vista dos pais, que é o que a moitos e moitas nos parece máis interesante e novedoso. Como valoran os pais e nais a progresión persoal dos rapaces, os valores que van adquirindo a través dos xogos e actividades dos programas educativos do escultismo.

blog2

Pero é que aínda hai máis novidades. Recentemente os intrépidos autores deste blog comezaron a introducir un apartado moi novedoso: entrevistas gravadas en audio a varias persoas vinculadas co Grupo. Dende nenos e nenas de varias idades, a scouters en  activo, scouters de apoio, nais e pais, etc

As persoas entrevistadas explican, dun xeito sinxelo e desenfadado, que lles motivou a entrar nos scouts, que lles aporta, anécdotas, aventuras, retos logrados e futuros proxectos… ¡Moi interesante!

Sen dúbida vos animamos a escoitar os podcast e en definitiva, a non perder de vista este interesantísimo blog, feito con tanto cariño e esforzo..

¡Noraboa Ángeles e Esteban! ¡E moitas grazas polo voso traballo e apoio!

Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,,,,,, | 3 Comentarios

A Esculta participa na Feira das Festas de San Pedro 2013

Esta fin de semana a Unidade Esculta porá de novo un posto na popular Feira das Festas do popular barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela, tal e como xa fixeran o ano pasado. O posto estará situado máis u menos cara a altura de Concheiros, como na pasada Feira da Primavera.

Cartel das Festas de San Pedro 2013

Neste posto os rapaces e rapazas da Unidade Esculta venderán marcos, reloxios ou marcapáxinas decorados por eles mesmos, así como diversos artigos de segunda man. Todo a prezos alcanzables para todos os petos.
O posto serviralles como método de financiamento para as actividades que realizarán ao longo da segunda semana de campamento, fundamentalmente para o Proxecto que os mesmos mozos e mozas da Unidade Esculta deseñan, programan e realizan.

Convidámosvos a que vos acerquedes até a feira e fagades unha visita á caseta. ¡Seguro que atoparedes algo do voso gusto!

Máis información sobre a Unidade Esculta o seu propio blogue: http://escultas-accion.blogspot.com.es/

Categorías: Unidade Esculta | Etiquetas: ,,, | 1 Comentario

A experiencia da Esculta no Aquelarre 2013

Aquí vos deixamos un resumo das experiencias vividas polos mozos e mozas da Unidade Esculta do Grupo Scout Chan 292 no Aquelarre 2013 de ASDE-Scouts de Galicia, contada por eles mesmos en primeira persoa:

Escultas do Chan plantando un sabugueiro no Aquelarre 2013

Escultas do Chan plantando un sabugueiro no Aquelarre 2013

¿Quen non querería pasar tres marabillosos días cunhas persoas incriblemente divertidas nun sitio tan bonito como Narahío? Desde logo, a Unidade do Grupo Chan non quixo perderlo.

Un bus que chegaría media hora tarde nos levaría até A Coruña a recoller aos escultas do Grupo Scout San Jorge 33 e así poder chegar xuntos a Narahío, onde a Unidade Esculta do Grupo Scout Hércules 283 agardaba por nós cos brazos abertos. Na vida, experiméntanse moitas cousas, pero a mellor sensación, sen ningunha dúbida, é a dun recibimento entre xente que botabas de menos.

Tras montar rapidamente e con pequenos descoidos as tendas, chegou o turno da infraestructura xeral do campamento, pero algunhas bolsas xa aparecían nos pés, e é que non parou de chover en toda a acampada, e está claro, ‘cun chubasquero que non chubasca’… (¿?) non se vai a ningún lado.
Unha ruta na que os hippies e os rapeiros mesturáronse volvendo e acabaron perdidos xuntos mentres os góticos xa comeran tranquilamente, non é nada de estrañar.

A plántula de sabugueiro plantada pola Unidade Esculta do Chan en Narahío

A plántula de sabugueiro plantada pola Unidade Esculta do Chan en Narahío

Twitter e tuenti estiveron presentes constantemente neste Akelarre, non vedes que estamos modernizados? Pero só interactuábamos entre nós, xa que as cartolinas aínda non son tan máxicas.
Non hai nada mellor que un Furor por sexos para unirnos todos máis do que xa o estabamos. Os pequenos e amigables piques entre os equipos rivais eran inevitables, pero sempre acababan cunhas risas, unhas gargalladas limpas que escandalizan.
Pero o máis duro sempre son as despedidas, non se pode evitar que haxa algunha lagrimilla, o que non quere dicir que non fose unha experiencia incrible e que non esteamos contentos co resultado; porque ao contrario estamos a desexar repetir a experiencia.

Máis sobre o que foi o #Aquelarre2013 nas redes sociais (facebook e twitter) e na páxina web de ASDE-Scouts de Galicia.

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Unidade Esculta | Etiquetas: ,, | 1 Comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.