A Tropa realizou unha acampada os pasados días 8 e 9 de xuño. Dende a Patrulla Hurones nos chega unha pequena reseña sobre todo o que fixeron nesta saída:
“O sábado pola mañá ben cedo chegamos a Busto e coma sempre o primeiro que cómpre facer e montar a infraestructura da acampada. Os scouters ademáis plantexáronnos un pequeno reto, construir un banco (usando 2 trípodes) empregando por suposto madeira e corda. Despois do tempo establecido a Patrulla Búhos montara o toldo e a tenda, os Castores montaran a tenda e case o toldo, pero nós, os Hurones o toldo, a tenda e os trípodes.
Logo déronnos tempo para pensar nas partes da Aventura (que é o proxecto que nós mesmos deseñamos e desenvolvemos sen axuda dos scouters) e preparar a comida. Cada un comeu o que cociñou menos os rapaces e rapazas da Patrulla Búhos que comeron sobras xa que o seu arroz estaba duro como unha pedra jajaja.
Despois dun ratiño de tempo libre fixemos unha ruta polos arredores, mentres iamos realizamos unha actividade de biodiversidade na que debimos de ter posto máis empeño.

Ao volver tomamos a merenda un bizcocho que fixera Raul.
Despois realizamos un xogo con 3 partes que cada patrulla realizaba nunha orde distinta:
– Parte 1: Memorizar en 10 segundos un texto e responder a unha pregunta sobre elo
– Parte 2: Realizar nós, todo o mundo tiña que facer todos os nós, nun tempo máximo de 5 minutos.
– Parte 3: Representar con mímica en 10 segundos unha palabra .
A Patrulla Hurones resultou a vencedora deste xogo.
Despois celebramos unha asemblea para organizar a Aventura e o tempo para cada parte.
Posteriormente preparamos entre todos a cea:
Fritimos os ovos o lombo e o beicon; lavamos e partimos a leituga e a froita; cociñamos o chocolate e puxemos a mesa.
Todos gozamos da comida que acababamos de cociñar.
Ao acabar de fregar xogamos un stalking (ou xogo de axexo ou espreita)“Moscas e arañas´´. Este xogo gañouno a Patrulla Búhos.
Á mañá seguinte recollemos as tendas, o toldo e o banco (agás o da Patrulla Hurones).
Finalmente a derradeira actividade consistiu en que cada Patrulla crease unha historia para escoller entre todos e todas un relato para presentar no nome da Tropa ao Certame Literario do Grupo Chan na edición deste ano. Finalmente decidimos que a mellor era a dos Hurones.
Un intre despois viñéronnos a recoller as nosas familias e cadaquén marchou para a súa casa.
Foi un estupendo fin de semana ben aproveitado cunha acampada que nos serve de preparación para o Campamento de verán, que está xa moi preto!”
