Artigos coa etiqueta: Grupo

¡Comezamos a celebrar estes #40anoscamiñandoxuntos!!

invitación 40 aniversario

#‎40aniversarioGSChan292‬ ‪#‎40anoscamiñandoxuntos‬ ‪#‎XLaniversario‬

“Queridos compañeiros e compañeiras,
Como sabedes este ano é moi especial para o grupo, xa que cumpre nin máis nin menos, que 40 anos.
40 anos de escultismo,
40 anos de rutas, aventuras, acampadas cargadas ás costas,
40 anos de risas, alegrías, ilusións,
40 anos crecendo xuntos…
E non queriamos celebrar esta ocasión sen vós.
É por iso que vos convidamos (e pedímosvos que fagades extensible esta invitación) ao acto de Inauguración do 40 Aniversario no que se presentará o logo oficial que nos representará durante todo este ano.
Informarase tamén das principais actividades organizadas e daremos o pistoletazo de saída a un ano de celebración no que todos, estamos de aniversario.

Sen máis, moitas grazas de antemán e nos vemos o sábado.”
A Coordinación do Grupo Scout Chan 292

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,,,,, | 1 Comentario

A mellor decoración de Nadal no local, con scouters de apoio

DSC_0852Unhas semanas antes de que chegara o Nadal nos xuntamos gran parte do Grupo un sábado de boa mañá para decorar axeitadamente o local de Vista Alegre entre todos e todas, pequenos e maiores, rapaces e voluntarios.DSC_0886
Para levar este proxecto a cabo realizamos unha serie de obradoiros de manualidades, coa inestimable colaboración de varios dos scouters de apoio do Grupo, para poder dotar ao local dunha colorida decoración totalmente elaborada polos rapaces e rapazas.
Hai que recoñecer que foi unha das mellores e máis orixinais decoracións de Nadal que se lembran no noso local.
Moitas grazas de novo aos scouters de apoio, un grupo de voluntarios e voluntarias que sempre están para botar unha man en moitas cousas que os educadores e educadoras habituais do Grupo ás veces non poden abarcar.

Podedes ver máis fotos neste álbum da nosa páxina de Facebook.

DSC_0881

 

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Así foi o #FestivalScoutGalego2015: gañamos!

Máis de 200 nenos, nenas, mozos e voluntarios scouts se reuniron o pasado sábado en Santiago de Compostela para compartir unha xornada de convivencia repleta de actividades, que culminou coa XXXV edición do Festival Scout Galego.

#FestivalScoutGalego2015

IMG_1430
Acudiron os Grupos Scouts 19 (Ferrol), San Jorge 33 e Semente 597 (ambos de A Coruña) e tamén unha delegación do recentemente creado Grupo Scout Tesela 922 (Lugo). O noso Grupo Chan 292 de Santiago exerceu o papel de anfitrión.
Os scouts asistentes foron recibidos no patio do colexio La Salle por Laura Morales, coordinadora do Festival, e Adrián Martínez, coordinador do Grupo Chan, ámbolos dous educadores voluntarios.
Durante a mañá os nenos e nenas máis novos (Castores, Manada e Tropa Scout) puideron desfrutar de xogos tradicionais como as carrilanas, a chave, a rá, a comba, a sogatira, e moitos máis grazas á colaboración da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional que nos fixo desfrutar como ananos!
Os mozos e mozas de Unidade Esculta e Clan, pola súa banda, aproveitaron a tregua que deu a nosa choiva compostelana para poder realizar unha visita ás cubertas da Catedral de Santiago, onde desfrutaron dunhas vistas espectaculares da cidade.IMG_1475
Xa pola tarde tivo lugar o certame musical nas instalacións que o Colexio La Salle cedeu gustosamente, e tivemos o honor de contar coa asistencia de autoridades como Dª María Begoña Mosteiro Blanco, subdirectora xeral do Instituto da Xuventude de Galicia, e Dª Yolanda Otero Balsa, subdirectora de Promoción e Actividades da Dirección Xeral de Xuventude. Tamén acudiron familiares e amigos dos rapaces.
A pesar de que este ano tan só había 3 cancións a concurso (as dos Grupos San Jorge 33, Chan 292 e Semente 597), o Festival foi moi ameno e emocionante, gracias a participación e colaboración de todos e todas. A presentación do certame foi asumida polo Clan “Tayali” de Rovers do Grupo Chan, que realizou unha serie de fermosos videos para presentar aos distintos Grupos participantes. En cada video se podía observar como os Rovers elaboraban mediante diferentes manualidades as pañoletas de cada Grupo. E así foron sucedéndose as actuacións musicais, no escenario marabillosamente ambientado e decorado polo Comité de Nais e Pais do noso Grupo Chan.
Ao fin chegou o momento da deliberación, que se realiza mediante unha votación na que todos os scouts asistentes poden opinar cal foi a canción que máis lles gustou, tendo a mesma importancia o voto do pequeno e do maior.
O resultado do reconto final das papeletas foi anunciado polo Presidente Scout Xeral, Adrián Rodríguez, e deu como gañadora á nosa canción, e polo tanto teremos a misión de representar ao resto de Grupos scouts galegos no vindeiro Festival Scout estatal de 2016.IMG_1688
E non esquenzades que a semana próxima terá lugar en Pinto (Madrid) o XLI Festival Scout de ASDE-Scouts de España  , no que o Grupo 19 de Ferrol nos representará a todos e todas os scouts de ASDE-Scouts de Galicia, e por iso lles desexamos ¡moita sorte e moi boa ruta!
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Suso Alonso

Lamentamos profundamente o finamento de Suso Alonso, unha persoa moi volcada coa formación e o deporte, e que para nós foi moi importante por ser un dos artífices da creación do noso Grupo Scout Chan e da aparición do escultismo en Santiago de Compostela.

Ligazón a unha mención no diario El Correo Gallego

En nome de todas as persoas que forman ou formaron parte do noso Grupo Chan queremos trasladar unha forte aperta á familia e amigos de Suso Alonso.

Sempre Adiante

Categorías: Grupo | Etiquetas: , | 1 Comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.