A miña primeira acampada coa Unidade Esculta

Os pasados días 26, 27 e 28 de decembro asistín á miña primeira acampada coa Unidade Esculta. DSCN2898_b

Disfrutamos duns días moi agradables en contacto coa natureza traballando uns obxectivos que nos mesmos nos propuxéramos, cando nos sentamos a programar entre todos e todas o que queríamos facer nesta actividade. Así por exemplo nos plantexamos ter un maior coñecemento de técnicas de campismo para montar un toldo ou facer nudos pero tamén outros coma fomentar a participación dentro da UE. 

 

DSCN2980-crop

A verdade é que nas sensacións que recollín desta acampada, malia ter a mesma base que nas outras ramas, son moi diferentes e á vez moi reconfortantes xa que a convivencia que houbo nestes días foi do máis distendido e penso que nos fixo sentir cómodos aos que por primeira vez tiñamos que facernos cargo dunha actividade e nos atopábamos coa nosa inexperiencia para algunhas cousas.

Así que sen máis darlle as grazas a todos os meus compañeiros e compañeiras, que lograron que esta acampada se levara a cabo e que fixeron que só teña bos recordos desta saída, a pesar da chuvia do último día.

DSCN2914

 

Advertisement
Categorías: Unidade Esculta | Etiquetas: , | 1 Comentario

Navegación de artigos

Unha reflexión sobre “A miña primeira acampada coa Unidade Esculta

  1. Pablo R.

    Pois por moitas acampadas máis. Sen dúbida que a Esculta é unha Rama ben bonita con posibilidades de facer moitas cousas en boa compaña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: