Como xa sabedes estes días 25 e 26 de febreiro o Grupo Scout Chan estamos a desfrutar dunha das actividades que máis nos gusta: ¡saír de acampada!
Estamos desfrutando da nosa xa tradicional Acampada conxunta de Entroido, todos os rapaces e rapazas do Grupo Scout Chan xuntos, nesta ocasión visitando por primeira vez o Centro Scout de Abeiro (Compostela) que teñen os nosos irmáns e irmás scouts da outra asociación scout galega: Escultismo Católico Galego.
Os mozos e mozas da nosa Unidade Esculta e o noso Clan de Rovers realizaron unha acción de servizo durante a mañá do sábado. Os scouts deixamos as cousas mellor de como as atopamos e por iso quixeron colaborar co Centro Scout Abeiro montando un toldo fixo e rematando de acondicionar unhas ventás do edificio principal.
Aquí vos deixamos unhas fotos: