Artigos coa etiqueta: servizo

¡Recollimos 75 kg de lixo da praia!

O pasado sábado 20 de outubro iniciamos a nosa ronda cunha xornada  na Praia das Gaviotas (Porto do Son).

Durante  toda mañá estivemos colaborandomos cunha iniciativa de servizo medioambiental de Limpeza de Praias promovida pola ONG ecoloxista ADEGA recollendo un TOTAL DE 75 KILOS DE LIXO

Pola tarde, tivemos xogos, obradoiros e actividades por seccións

Arrancamos a ronda cheos de ledicia por Construír Un Mundo Mellor e “Deixar as cousas, mellor de como as atopamos”.

Nesta ligazón á web de ADEGA tedes toda a información completa de toda a campaña , todos os puntos de recollida, entidades que colaboraron, cantidade de lizo retirado, etc (¡e saímos na foto que encabeza o informe!):

http://www.adega.gal/novas.php?id=764&idioma=gl&sec=7&utm_content=bufferbf1e4&utm_medium=social&utm_source=facebook.com&utm_campaign=buffer

 

Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,, | 2 Comentarios

¡Iniciamos a Ronda cunha gran acción de Servizo!

Iniciamos!

Tras a Acampada de Paso de ramas, votamos xa a nosa rutina… E non hai mellor forma de empezar que con unha saída de grupo para facer un servizo medioambiental!

Este sábado estaremos na Limpeza Simultánea de Praias durante toda a mañá, comeremos xunt@s e logo, actividades e xogos na praia por seccións!

Vamos, un #PlanScout que ninguén pode perder 😉

Categorías: Grupo | Etiquetas: | Deixar un comentario

A actitude de deixar as cousas mellor de como se atopan

dsc_1435Como xa sabedes estes días 25 e 26 de febreiro o Grupo Scout Chan estamos a desfrutar dunha das actividades que máis nos gusta: ¡saír de acampada!

 

Estamos desfrutando da nosa xa tradicional Acampada conxunta de Entroido, todos os rapaces e rapazas do Grupo Scout Chan xuntos, nesta ocasión visitando por primeira vez o Centro Scout de Abeiro (Compostela) que teñen os nosos irmáns e irmás scouts da outra asociación scout galega: Escultismo Católico Galego.

 

Os mozos e mozas da nosa Unidade Esculta e o noso Clan de Rovers realizaron unha acción de servizo durante a mañá do sábado. Os scouts deixamos as cousas mellor de como as atopamos e por iso quixeron colaborar co Centro Scout Abeiro montando un toldo fixo e rematando de acondicionar unhas ventás do edificio principal.

Aquí vos deixamos unhas fotos:

dsc_1406
dsc_1407
Categorías: Clan, Grupo, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,, | 1 Comentario

Xornada de convivencia, participación e debate para comezar o ano con ilusión!

Unha importante representación do noso equipo de scouters (a comunidade de voluntarios e voluntarias educadores) asistiu ao IV Foro de Scouters organizado por ASDE Scouts de Galicia.

Kraal de scouters 292 no Foro

Foi unha fin de semana de convivencia con voluntarios e voluntarias scout de todos os Grupos Scouts da Federación para planificar a Rolda Solar que comeza. Se estableceron acordos, se  restruturaron actividades, datas, temáticas,… Todo por e para unha Federación máis cohesionada, implicada e participativa. Ilusionada por construir un mundo mellor, dende o escultismo, onde os nosos nenos, nenas e mozos medren como persoas comprometidas coa sociedade.

Xa non queda nada para un ano novo de cheo de emocións e diversión, que  emprendemos con entusiasmo e moito, moito traballo en equipo. ⚜️⚜️⚜️⚜️⚜️

 

 

 

 

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo, Kraal | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.