Artigos coa etiqueta: educación

Xornada de convivencia, participación e debate para comezar o ano con ilusión!

Unha importante representación do noso equipo de scouters (a comunidade de voluntarios e voluntarias educadores) asistiu ao IV Foro de Scouters organizado por ASDE Scouts de Galicia.

Kraal de scouters 292 no Foro

Foi unha fin de semana de convivencia con voluntarios e voluntarias scout de todos os Grupos Scouts da Federación para planificar a Rolda Solar que comeza. Se estableceron acordos, se  restruturaron actividades, datas, temáticas,… Todo por e para unha Federación máis cohesionada, implicada e participativa. Ilusionada por construir un mundo mellor, dende o escultismo, onde os nosos nenos, nenas e mozos medren como persoas comprometidas coa sociedade.

Xa non queda nada para un ano novo de cheo de emocións e diversión, que  emprendemos con entusiasmo e moito, moito traballo en equipo. ⚜️⚜️⚜️⚜️⚜️

 

 

 

 

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo, Kraal | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

¡Comeza o XL aniversario do Grupo Scout Chan 292!

IMG_1234O pasado sábado organizamos un pequeno acto para inaugurar formalmente as celebracións do XL aniversario do noso Grupo Scout Chan 292. Foi un acto breve e sinxelo pero emocionante e cheo de ganas de celebrar este importante cumpreanos como todos e todas merecemos. Contouse coa participación dos rapaces e rapazas e scouters de todas as seccións do Grupo, con pais, nais e familiares, e tamén con persoas que formaron parte desa longa historia que vai percorrendo o Grupo Chan na súa andaina polo escultismo.

No acto se presentaron algunhas pinceladas das actividades que se están a preparar dende unha Comisión de voluntarios e voluntarias (scouters do Kraal, scouters de apoio, pais e antigos membros do Grupo) con moita ilusión.

Xa vos iremos desvelando máis pouco a pouco, pero de momento como aperitivo vos podemos comentar que o programa de celebracións se artella sobre catro eixos fundamentais, algúns cunha vertente máis pública ou institucional, e outros más enfocados de cara aos centos de persoas (tratade de imaxinar canta xente pasa por un grupo coma o noso en catro décadas)  que formamos a gran familia do Grupo Scout Chan 292:

  1. “40 anos educando en liberdade en Santiago” –Exposición multimedia e recopilación dun Arquivo Histórico
  2. “40 anos en ruta” –Ruta por algun tramo do Camiño de Santiago, recepción e Gran Verbena
  3. “40 anos de ledicia” –Recopilación de cancións de Grupo
  4. “40 anos de celebracións” –Gran Cea

E velaquí tedes o logotipo que nos acompañará todo este ano de celebración, ¡esperamos que vos guste tanto como a nós!:

Logo40aniversarioEn palabras da Coordinadora do Grupo: “Hoxe presentamos un logo que pretende ser moito máis que unha imaxe. Quere ser o scout que, dunha ou outra forma, todos fomos e somos na sociedade. Quere ser o mencer nun día frío de inverno en plena acampada, e o atardecer nos días de campamento. Quere ser nosa flor de lis, a Lei Scout e o noso lema. Este logo quere ser tamén a fotografía de cada un de vós e a de todos os nenos, nenas e adultos que descubrirán o escultismo como forma de vida e ao Grupo Scout Chan como a súa segunda familia.”

Aínda que as interpretacións poden ser persoais, vos compartimos unha explicación do simbolismo desta imaxe:

O logo representa un número “40”, que está formado pola silueta dun “4” unido ao que representa a metade dereita dunha flor de lis. O catro simboliza a silueta dunha persoa (scout), e o cero sería a súa mochila, que están unidos pola pañoleta do noso grupo. O conxunto simbolizaría a un scout en plena ruta á luz do mencer, ou do atardecer (baixo a lux do sol, en definitiva).

A pañoleta rodeando á silueta scout e á mochila é un pouco a unión que nos une ás persoas que estamos e estiveron no grupo e o nó ao rededor é a fraternidade scout.

En canto ás cores, o amarelo é cor do sol, dos días de campamento, de reunións, como esas tardes de rutas. O morado é a cor polo que representa aos scouts en todo o mundo, e o granate nos lembra a cor da bandeira de Santiago de Compostela, a nosa cidade, o entorno social e medioambiental que levamos 40 anos tratando de mellorar. Finalmente o tono gris podería representar todas as noites de acampada ao aire libre, e o ceo que máis frecuentemente nos cubre en todas as saídas que os rapaces e rapazas do Grupo levan realizando dende fai 40 anos.

Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,,,,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.