Artigos coa etiqueta: ruta

Ruta e gran Romería #XLAniversarioGSChan

CARTEL-CHAN-40ANN2 - copiaEstimados amigos e amigas:

Despois de explorar e rastrexar durante 40 anos centos e centos de sendeiros e aldeas en infinidade de rutas e acampadas, se algo sabemos é que todas as grandes festas que se precien nesta terra, todas as grandes romerías e verbenas, teñen un cartel informativo cas datas de celebración. Nós, no noso 40 Aniversario teremos … dúas!!

I.- Como non podería ser doutro xeito, a primeira será unha ruta (con pernocta incluída para os membros do Grupo) para conmemorar os camiños percorridos ó longo da xeografía galega; querendo revivir as lembranzas que tantos momentos de ledicia compartida nos trouxo durante todos estes anos. Facendo fincapé en aquilo que nos define e diferencia, que é o respecto e desfrute pola natureza a través da ruta.

APUNTADE!!! A data será o vindeiro venres 24 de xuño. A ruta, a última etapa do Camiño de Santiago, que rematará na Praza do Obradoiro o día 25 de xuño.

Convidámosvos a participar desta actividade a nenas e nenos, nais, pais, antigos membros do grupo, e a toda a xente que nalgún momento tivo contacto connosco, para así poder compartir un momento máxico todos xuntos.

 

II.- Ese mesmo día, trala recepción no Obradoiro, terá lugar a gran verbena. Nesta Gran Festa haberá unha pulpada, xogos, cancións, exposición fotográfica,… Non podedes faltar a este encontro que de seguro a máis dun traeralle grandes recordos.

APUNTADE!!! A cita será o vindeiro sábado 25 de xuño a partir das 13h en San Pedro de Busto.

Tedes maís información nos impresos de inscrición que se adxuntan ao pé. É moi importante que os cubrades e para facilitar a mellor organización posible, vos agradeceríamos que enviedes as vosas inscripcións antes do vindeiro día 19.

¡¡ESPERÁMOSVOS A TOD@S!!

Preme aquí para descargarte a Inscripción e información completa para a ruta do día 24

Preme aquí para descargarte a Inscripción e información completa para a Gran Festa do día 25

Preme aquí para descargar información xeral

 

Advertisement
Categorías: Grupo | Etiquetas: ,, | 2 Comentarios

Unha Ruta de Servizo

Rovers do Clan Poole do noso Grupo participaron xunto a outros mozos e mozas Rovers doutros Grupos Scouts de ASDE-Scouts de Galicia na #RutaRover2014 que se celebrou durante a pasada Semana Santa.O Clan Poole do GS Chan 292

Nesta ocasión esta actividade programada e preparada polos propios rovers percorreu un tramo da costa lucense, de xeito que os participantes puideron desfrutar dalgunhas paraxes espectaculares como por exemplo a denominada praia das Catedrais, preto de Ribadeo, como se pode ver na seguinte fotografía na que aparece a representación do GS Chan nesta Ruta Rover:

Ademáis de cubrir unha serie de etapas en ruta a pé, se desenvolveron varias accións de servizo, tanto de carácter medioambiental como social, para facer bó o lema dos Rovers: “servir” xa que a súa principal inquedanza, aparte de mellorar nas súas distintas facetas como persoas e cidadáns comprometidos, é tratar de facer todo o posible por mellorar as condicións do seu entorno

 

 

Podedes atopar máis información e máis fotos da #RutaRover2014 na páxina web de ASDE-Scouts de Galicia:

http://scoutsdegalicia.org/2014/04/30/a-ruta-rover-percorreu-a-costa-lucense/

 

IMG-20140414-WA0003

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Clan | Etiquetas: ,,,,,, | Deixar un comentario

A ruta do Clan

Tiñamos pendente facer unha mención á acampada de Nadal dos Rovers, os mozos e mozas maiores do Grupo. O Clan sempre realiza as súas acampadas en ruta, percorrendo sendas e coñecendo novos lugares.

Velaquí vai:

Nos últimos días de Decembro, o Clan do Grupo Scout Chan 292 foise de ruta, como é costume nesas datas do Nadal.

Esta vez, a ruta comezou en Vila de Cruces e rematou en Melide. Foron dúas duras etapas duns 18 Km aproximadamente cada unha; para rematar o terceiro día cun pequeno tramo de 8 Km.

Foi a primeira ruta do Clan nesta rolda solar, e notouse moito na programación, xa que había moitas cousas programadas, e poucas que puidemos facer, debido ás poucas horas que tiñamos pensado camiñar, e as moitas que tivemos que facer.

É habitual que se una algún “espontáneo” ás nosas rutas!

Tamén innovamos, xa que nos sobrou un bote de nocilla, co cal fixemos unha foundie de chocolate (ao baño maría) de pexegos e piña en almíbar. Deixámosvos unha foto para o voso deleite 🙂

Sempre listos, e boa ruta!

Lembrade que podedes seguir a vida do Clan no seu blog: http://milnovecientosiete.blogspot.com.es/

Categorías: Clan | Etiquetas: ,,, | 1 Comentario

Ruta do Clan polo tramo ferroviario abandoado

Os rovers ó comenzar a marcha

No pasado mes de xuño, aproveitando a xornada da celebración do II Certame Literario e a tradicional Sardiñada do Grupo Scout 292 Chan, os Rovers decidiron facer unha ruta, percorrendo a pé o tramo ferroviario abandoado entre Santiago de Compostela e Ordes.

Dende tempo atrás se vén falando do posible interese das autoridades municipais de Santiago e Oroso en tratar de incorporar este tramo ó Programa Vías Verdes, o cal conlevaría unha iniciativa moi interesante de reciclaxe dunha infraestructura en desusos, ademáis do fomento do sendeirismo e do cicloturismo.

O Clan quixo comprobar de primeira man en qué estado se atopa a vía desmantelada, por se fose posible e necesario ofrecer unha proposta de servizo voluntario ás autoridades, co fin de axudar a limpar a maleza que podería obstaculizar o paso.

Os Rovers nos deixan algunhas imaxes desta actividade.

Un momento da ruta pola antiga vía ferroviaria

Outro instante desta actividade

Algunhas novas publicadas na prensa sobre este posible proxecto de reutilización da antiga vía:

O Concello encarga o proxecto de Vía Verde para valorar a viabilidade futura (La Voz de Galicia, Dec 2010)

O Concello de Oroso loita por unha Vía Verde (Ecaturaldeas, Xan 2012)

Lembrade que tamén podedes visitar o blog do Clan.

Categorías: Clan | Etiquetas: ,,,,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.