Artigos coa etiqueta: sardiñada

Intercambio, reutilización, solidariedade… chega o I “Scouthlon”

Vos informamos dunha interesantísima e novidosa iniciativa que terá lugar o vindeiro sábado 20 día da Sardiñada, e na que se nos convida a tod@s a participar! O I Scouthlon.

QUE É?
O Scouthlon é unha iniciativa que se vai a celebrar por primeira vez no noso grupo e que posiblemente coñecerá máis edicións. Trátase dunha resposta ás demandas das familias do propio grupo e a necesidade percibida por parte do equipo de educadores e educadoras voluntarios (scouters) e dos propios rapaces e rapazas.
EN QUE CONSISTE?
Esta iniciativa consiste en xerar un espazo no que se poida donar, coller, intercambiar, etc. material de acampada que estea en bo estado. Deste xeito, todas as persoas vinculadas ao Grupo Scout Chan poderían traer ese material que xa non lles fai falla e darlle unha segunda vida, cedéndollo a outras persoas do grupo.
QUE SE PODE LEVAR?
Calqueira material de acampada ou campismo que estea en condisións de uso, tanto persoal como colectivo: tendas, toldos, mochilas, illantes, sacos, lanternas, navallas, cantimploras, calzado, etc…
¿CANDO E ONDE?
O vindeiro sábado 20 de xuño na Sardiñada que se celebrará no local de Busto. O horario será de 13:30h a 16:00h.

Podes descargarte a información sobre o SCOUTHLON na sección de Descargas desta web.

Empregaremos #Scouthlon nas redes sociais

¡PARTICIPA!

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

¡Sardiñada e Asamblea!

O vindeiro Sábado 20 celebraremos no local de Busto a SARDIÑADA que con motivo da Festividade de San Xoán organizamos tódolos anos tradicionalmente.

Sobre as 14:00 comezaremos a hincarlle o dente ás sardiñas, xamón asado, chourizos e postres variados cociñados pola Unidade Esculta. ¿A que soa ben? Mmmm 😛

E pola tarde, despois de repousar a comida e de participar nalgúns xogos,  a iso das 16:30, terá lugar a Asamblea Semestral do Grupo, á que están convidados as nais e pais do Grupo. O tema central será informar sobre o campamento de verán.

Tedes a circular con toda a información na sección de Descargas desta web.

É IMPORTANTÍSIMO confirmar a Asistencia ou Non asistencia, a través dunha mensaxe ao correo de Grupo (gruposcoutchan292@gmail.com), especificando o número de membros da familia que asistirán. Bulide porque o plazo se pecha mañá domingo.

E non queremos deixar de salientar e agradecer públicamente o esforzo e o traballo do Comité de Nais e Pais na organización deste evento.

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,, | 1 Comentario

Moita actividade: andaina, inauguración, acampada, e… Sardiñada!!

Hoxe sábado será un día de moita actividade no Grupo Scout Chan 292

A Manada, a Tropa e a Unidade Esculta comezarán as súas correspondentes actividades a partir das 10:30,  no local que temos en San Pedro de Busto.

Será un día moi especial para os tropeiros posto que despois de moitas xornadas de traballo, limpando, lixando, pintando… á fin van a inagurar  a súa parte do local de Busto, o cal redecoraron completamente. Para celebralo, a Tropa quedarase de acampada durante a fin de semana.

¿E o Clan?

O Clan, pola súa banda, tamén vai reunirse en Busto co resto do Grupo, pero o vai facer dun xeito moi rover: van ir camiñando seguindo a antiga vía do tren, dende o norte de Santiago ata Busto, pasando por Sionlla e Verdía. É un tramo que foi desmantelado fai un tempo e que sería interesante recuperar como vía de sendeirismo, ou Via Verde o cal están intentando potenciar algunhas plataformas sociais e veciñais de Santiago.

Pero iso non é todo… o motivo de que todos os rapaces do Grupo se xunten en Busto é a celebración de dous grandes eventos:

Por unha banda, ás 13:00  celebrarase un Certame Literario, no que participan os rapaces de todo o Grupo e ó cal poden tamén asistir nais, pais, amigos  e antigos membros do Grupo…

… e que ninguén se mova, porque a partir das 14:00 comeza un dos eventos máis tradicionais do noso Grupo, a Sardiñada, organizada polo Comité de Nais e Pais do Grupo. ¡Haberá sardiñas e churrasco para todos!

En definitiva, un día de moita actividade no Grupo Chan, ¡pasémolo en grande mentres construímos un mundo mellor!

Categorías: Clan, Grupo, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,,,,,,,,,, | 1 Comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.