Artigos coa etiqueta: nais

Moita actividade: andaina, inauguración, acampada, e… Sardiñada!!

Hoxe sábado será un día de moita actividade no Grupo Scout Chan 292

A Manada, a Tropa e a Unidade Esculta comezarán as súas correspondentes actividades a partir das 10:30,  no local que temos en San Pedro de Busto.

Será un día moi especial para os tropeiros posto que despois de moitas xornadas de traballo, limpando, lixando, pintando… á fin van a inagurar  a súa parte do local de Busto, o cal redecoraron completamente. Para celebralo, a Tropa quedarase de acampada durante a fin de semana.

¿E o Clan?

O Clan, pola súa banda, tamén vai reunirse en Busto co resto do Grupo, pero o vai facer dun xeito moi rover: van ir camiñando seguindo a antiga vía do tren, dende o norte de Santiago ata Busto, pasando por Sionlla e Verdía. É un tramo que foi desmantelado fai un tempo e que sería interesante recuperar como vía de sendeirismo, ou Via Verde o cal están intentando potenciar algunhas plataformas sociais e veciñais de Santiago.

Pero iso non é todo… o motivo de que todos os rapaces do Grupo se xunten en Busto é a celebración de dous grandes eventos:

Por unha banda, ás 13:00  celebrarase un Certame Literario, no que participan os rapaces de todo o Grupo e ó cal poden tamén asistir nais, pais, amigos  e antigos membros do Grupo…

… e que ninguén se mova, porque a partir das 14:00 comeza un dos eventos máis tradicionais do noso Grupo, a Sardiñada, organizada polo Comité de Nais e Pais do Grupo. ¡Haberá sardiñas e churrasco para todos!

En definitiva, un día de moita actividade no Grupo Chan, ¡pasémolo en grande mentres construímos un mundo mellor!

Advertisement
Categorías: Clan, Grupo, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,,,,,,,,,, | 1 Comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.