O vindeiro sábado 16 de novembro terá lugar o tradicional Magosto do Grupo Scout Chan 292, organizado, como adoita, polo Comité de Pais e Nais do Grupo.
A convocatoria é no noso local de Vilariño de Busto a partir das 14:00 e poderemos desfrutar de empanadas, xamón asado así como dun pouco de rosca para mollar no café de pota. E por suposto non faltarán as castañas, as protagonistas absolutas desta xornade de festa.

Están convocados non só os rapaces e rapazas do Grupo, scouters e nais e pais, senón que queremos que se acheguen amigos, familiares e antigos membros do Grupo. Todas estas persoas integran a gran familia do Grupo Chan e polo tanto cantos maís sexamos, mellor.
Iso si, é preciso confirmar a asistencia canto antes, para facilitar o traballo dos organizadores e que todo saia ben.
Podedes descargar a circular do Magosto na área de Descargas desta páxina.
Asimesmo, pola tarde, a partires das 16:30, os pais e nais están convcados a Asemblea Anual, na que os educadores voluntarios e mailos propios rapaces e rapazas lles explicarán a grandes rasgos cales serán os principais retos e proxectos do Grupo Chan para esta nova ronda solar 2013-2014.