Artigos coa etiqueta: asamblea

Tempo de Magosto Scout!

O pasado dia 15 de novembro celebramos nas instalacións do local que temos en Busto o tradicional xantar de Magosto do Grupo Scout Chan. Ano tras ano o Comité de Pais e Nais do Grupo ven organizando este evento no que nos reunimos toda a gran familia do Grupo así como amigas e amigos e antigos membros do Grupo.

Aproveitamos a ocasión para desfrutar dun xantar comunitario e bastante campestre (se o tempo o permite) no que por suposto as castañas teñen unha presencia fundamental.

Á tarde tivo lugar a Asamblea de Nais e Pais da nova ronda solar 2014-2015. Nela, os scouters (educadores voluntarios e voluntarias) presentaron ás familias o plan anual deste ano, que recolle  os principais retos aos que o Grupo quere facer frente, así como os proxectos que se plantexan os propios rapaces e rapazas de todas as seccións educativas.

Tamén se procedeu, como de costume, a renovar parcialmente o Comité de Pais e Nais. Un órgano de participación que resulta moi importante na vida do Grupo, sobre todo á hora de organizar eventos como o propio Magosto.

E así nos citamos coas castañas para o ano que vén!

Parte da Manada no Magosto

 

Advertisement
Categorías: Grupo | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.