Este sábado 14 de novembro temos unha cita en Busto: o Magosto do Grupo Chan!
O Comité de Nais e Pais do Grupo organiza esta celebración que dará comezo ás 14:00 horas.
Están convidados todos aqueles amigos, familiares e persoas cercanas ao Grupo que queirades asistir, pero é preciso que confirmedes a asistencia canto antes, para poder organizalo todo debidamente.
O prezo será de 5 € por persoa, que se aboarán á responsable da Tesouraría do Comité o mesmo día do Magosto.
Podedes descargar a cirular de información na sección de “Descargas”
¡Nos vemos o sábado!