¡Xa case está aquí!
O vindeiro sabado 17 celebráse o XXXII Festival Scout Galego de ASDE-Scouts de Galicia en A Coruña.
Durante este fin de semana xuntarémonos scouts de toda Galicia para desfrutar xuntos dunha serie de actividades, nun evento que ano tras ano convértese nunha das actividades favoritas dos nosos rapaces.
Nesta ocasión o Festival (e as actividades que o engloban) estará organizado polo Grupo Scout Semente. Xa teñen listo todo, ata as camisetas deste ano…
O Grupo Chan acodirá ó Festival, coma sempre, con toda a ilusión por facer un bó papel, pero sobre todo con moitísimas ganas de pasar dous días inesquecibles convivindo e compartindo cos irmáns scouts doutros Grupos.
Lembrade que os pais, nais, familiares e amigos do Grupo estades todos invitados a ver o certame do Festival. Será no colexio Calvo Sotelo. As portas abriranse as 16:30, e o Festival dará comezo ás 17:00.
Para as familias do Grupo, lembramos os datos máis importantes da Folla de Ruta do Festival:
– Datas: 17 e 18 de Marzo
– Saída: sábado 17 ás 8:45 no local de Vista Alegre
– Chegada: O domingo 18 ás 17:00 no local de Vista Alegre
– Material: saco, esterilla, neceser, toalla, roupa e calzado de deporte (para ás olimpiadas do domingo) comida do primeiro día, chuvasqueiro, roupa de abrigo e o uniforme completo.
Se tedes algunha dúbida poñédevos en contacto cos vosos scouters
¡¡Vémonos o sábado!!
E para ir entrando en calor… o video da actuación do Grupo Chan no Festival do ano pasado:
Pingback: … e máis sobre o Festival (fotos e video) « Grupo Scout Chan 292