Artigos coa etiqueta: marcha

Ruta do Clan polo tramo ferroviario abandoado

Os rovers ó comenzar a marcha

No pasado mes de xuño, aproveitando a xornada da celebración do II Certame Literario e a tradicional Sardiñada do Grupo Scout 292 Chan, os Rovers decidiron facer unha ruta, percorrendo a pé o tramo ferroviario abandoado entre Santiago de Compostela e Ordes.

Dende tempo atrás se vén falando do posible interese das autoridades municipais de Santiago e Oroso en tratar de incorporar este tramo ó Programa Vías Verdes, o cal conlevaría unha iniciativa moi interesante de reciclaxe dunha infraestructura en desusos, ademáis do fomento do sendeirismo e do cicloturismo.

O Clan quixo comprobar de primeira man en qué estado se atopa a vía desmantelada, por se fose posible e necesario ofrecer unha proposta de servizo voluntario ás autoridades, co fin de axudar a limpar a maleza que podería obstaculizar o paso.

Os Rovers nos deixan algunhas imaxes desta actividade.

Un momento da ruta pola antiga vía ferroviaria

Outro instante desta actividade

Algunhas novas publicadas na prensa sobre este posible proxecto de reutilización da antiga vía:

O Concello encarga o proxecto de Vía Verde para valorar a viabilidade futura (La Voz de Galicia, Dec 2010)

O Concello de Oroso loita por unha Vía Verde (Ecaturaldeas, Xan 2012)

Lembrade que tamén podedes visitar o blog do Clan.

Categorías: Clan | Etiquetas: ,,,,,, | Deixar un comentario

O Grupo Chan colabora co Refuxio de Bando

O pasado sábado 23 de Xuño o Grupo Scout Chan 292 de Santiago de Compostela levou a cabo unha actividade co Refuxio de Animais de Bando.

Os obxectivos desta iniciativa eran coñecer as instalacións e o funcionamento do centro, concienciarse acerca da responsabilidade do coidado dos animais e a realidade dos abandonos e descubrir as posibilidades de voluntariado e colaboración co Refuxio.
Así, sobre medio centenar de nenos,  mozos e mozas dende 8 a 20 anos, acompañados polos seus educadores, fixeron unha pequena marcha a pé de 6 km dene o Estadio de San Lázaro ata o Refuxio.
Á chegada ao Refuxio foron recibidos pola directora do centro, Paloma Aguirre. Comezouse cunha charla na que os scouts coñeceron a dura realidade que viven moitos animais, especialmente cans e gatos, que son abandonados á súa sorte polo seus donos, e como o Refuxio os acolle, os coida e lles buscan un novo fogar.
A continuación os rapaces e rapazas scouts tiveron a ocasión de ver de primeira man as instalacións do Refuxio e o gran número de cans desexosos de cariño e atención. Por suposto, os cachorros de can e gatos foron os que causaron o maior furor.
De seguido, e como non podía ser doutra maneira, os scouts se puxeron mans á obra para facer algúns traballos que a directora do Refuxio seleccionou. Desta maneira os máis pequenos se encargaron de organizar os materiais de coidado dos cans (correas, útiles de aseo, etc), mentres outros se dedicaban a labores de xardinería e os maiores a poñer malla para darlle sombra aos cans agora que chega o calor do verán.
Na clausura da actividade, a directora do centro dedicou unhas palabras de agradecemento ao Grupo Scout Chan pola súa visita e a súa labor desinteresada. Pola parte dos scouts tamén lle devolveron o agradecemento ao Refuxio e os seus voluntarios pola atención prestada e pola importante tarefa que fan.
Como mostra final de agradecemento o Grupo fixo unha doación de materiais e comida e tamén unha modesta aportación económica entre todos os rapaces materializada nunha hucha con forma de can e cunha pañoleta scout.
Esta actividade tivo repercusión nos medios de comunicación a nivel local, por exemplo nas edicións do domingo 24 de xuño dos diarios El Correo Gallego e La Voz de Galicia
Categorías: Grupo | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Os scouts visitarán o Refuxio de Bando

O vindeiro Sábado 23 de Xuño vamos a realizar unha actividade moi especial, escollida entre todos os membros do Grupo (do máis pequeno ao scouter máis curtido) na Asamblea de Grupo do Paso de Ramas.

Desta maneira todas as Ramas xuntas faremos unha marcha de 6 Km, dende Santiago ao Refuxio de Bando, a protectora de animais ubicada en Zamarracedo (Bando).

Os obxectivos desta acción son:

–       Coñecer as instalacións e o funcionamento do Refuxio.

–       Concienciarse acerca da responsabilidade do coidado dos animais e a realidade dos abandonos.

–       Descubrir as posibilidades de voluntariado e colaboración co Refuxio.

Alí seremos recibidos por Paloma Aguirre (directora do centro) e os voluntarios do Refuxio, coñeceremos de cerca as instalacións, os animais que alí viven (sobre todo cans) e todo o proceso de recollida, coidado e adopción.

Faremos entrega dos materiais* recollidos entre as familias do Grupo Scout, entre os que se atopa material para o coidado dos cans, correas para sacalos a pasear, escudillas para darlles de comer e comida.

Por último tentaremos botar unha man no que poidamos ¡Unha experiencia que ningún rapaz se pode perder!

Máis información acerca do Refuxio do Bando en  www.refuxio.org e tamén en Facebook

*(Nota: Aínda é posible traer materiais para donar ao Refuxio, levándoos o propio día da actividade.)

Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout | Etiquetas: ,,,, | 1 Comentario

Blog en WordPress.com.