O vindeiro Sábado 23 de Xuño vamos a realizar unha actividade moi especial, escollida entre todos os membros do Grupo (do máis pequeno ao scouter máis curtido) na Asamblea de Grupo do Paso de Ramas.
Desta maneira todas as Ramas xuntas faremos unha marcha de 6 Km, dende Santiago ao Refuxio de Bando, a protectora de animais ubicada en Zamarracedo (Bando).
Os obxectivos desta acción son:
– Coñecer as instalacións e o funcionamento do Refuxio.
– Concienciarse acerca da responsabilidade do coidado dos animais e a realidade dos abandonos.
– Descubrir as posibilidades de voluntariado e colaboración co Refuxio.
Alí seremos recibidos por Paloma Aguirre (directora do centro) e os voluntarios do Refuxio, coñeceremos de cerca as instalacións, os animais que alí viven (sobre todo cans) e todo o proceso de recollida, coidado e adopción.
Faremos entrega dos materiais* recollidos entre as familias do Grupo Scout, entre os que se atopa material para o coidado dos cans, correas para sacalos a pasear, escudillas para darlles de comer e comida.
Por último tentaremos botar unha man no que poidamos ¡Unha experiencia que ningún rapaz se pode perder!
Máis información acerca do Refuxio do Bando en www.refuxio.org e tamén en Facebook
*(Nota: Aínda é posible traer materiais para donar ao Refuxio, levándoos o propio día da actividade.)
Pingback: O Grupo Chan colabora co Refuxio de Bando « Grupo Scout Chan 292