O Grupo Chan colabora co Refuxio de Bando

O pasado sábado 23 de Xuño o Grupo Scout Chan 292 de Santiago de Compostela levou a cabo unha actividade co Refuxio de Animais de Bando.

Os obxectivos desta iniciativa eran coñecer as instalacións e o funcionamento do centro, concienciarse acerca da responsabilidade do coidado dos animais e a realidade dos abandonos e descubrir as posibilidades de voluntariado e colaboración co Refuxio.
Así, sobre medio centenar de nenos,  mozos e mozas dende 8 a 20 anos, acompañados polos seus educadores, fixeron unha pequena marcha a pé de 6 km dene o Estadio de San Lázaro ata o Refuxio.
Á chegada ao Refuxio foron recibidos pola directora do centro, Paloma Aguirre. Comezouse cunha charla na que os scouts coñeceron a dura realidade que viven moitos animais, especialmente cans e gatos, que son abandonados á súa sorte polo seus donos, e como o Refuxio os acolle, os coida e lles buscan un novo fogar.
A continuación os rapaces e rapazas scouts tiveron a ocasión de ver de primeira man as instalacións do Refuxio e o gran número de cans desexosos de cariño e atención. Por suposto, os cachorros de can e gatos foron os que causaron o maior furor.
De seguido, e como non podía ser doutra maneira, os scouts se puxeron mans á obra para facer algúns traballos que a directora do Refuxio seleccionou. Desta maneira os máis pequenos se encargaron de organizar os materiais de coidado dos cans (correas, útiles de aseo, etc), mentres outros se dedicaban a labores de xardinería e os maiores a poñer malla para darlle sombra aos cans agora que chega o calor do verán.
Na clausura da actividade, a directora do centro dedicou unhas palabras de agradecemento ao Grupo Scout Chan pola súa visita e a súa labor desinteresada. Pola parte dos scouts tamén lle devolveron o agradecemento ao Refuxio e os seus voluntarios pola atención prestada e pola importante tarefa que fan.
Como mostra final de agradecemento o Grupo fixo unha doación de materiais e comida e tamén unha modesta aportación económica entre todos os rapaces materializada nunha hucha con forma de can e cunha pañoleta scout.
Esta actividade tivo repercusión nos medios de comunicación a nivel local, por exemplo nas edicións do domingo 24 de xuño dos diarios El Correo Gallego e La Voz de Galicia
Advertisement
Categorías: Grupo | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Navegación de artigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: