Artigos coa etiqueta: servicio

¡Chocolatada Solidaria 2013!

chocolatada3

Como ven sendo habitual nestas datas próximas ó Nadal, o Grupo Scout Chan 292 celebrará o vindeiro sádado 14 unha Chocolatada Solidaria aberta a todas as familias do grupo, antigos membros e rapaces e veciños da zona.

A Chocolatada e todas as actividades se ralizarán nas pistas deportivas do parque de San Xoan, no Barrio de Vista Alegre.

Para todos os rapaces e rapazas que acodan haberá xogos dende as 16:00.
Os adultos están convocados a partires das 17:30, que será cando se empece a servir un rico chocolate quente con churros!!
Este ano, e como xa vimos facendo dende anos atrás, pedimos a vosa colaboración xa que faremos unha recollida de alimentos non perecedoiros e de xoguetes, para que este Nadal ningún neno quede sen el. Todo o que recollamos irá destinado a Cáritas quen despois procederan a súa distribución entre as familias máis necesitadas.
Este é un bo momento para que veciños, scouts, antiguos membros e familias do grupo pasemos un bo rato xuntos e desfrutemos dun chocolate con churros ben quentiño.

Recapitulando…
Data: 14 de Decembro.
Lugar: pistas do barrio de Vista Alegre.
Hora: 16:00h (comenzan os xogos para os rapaces) 17:30 pais e antiguos membros para o chocolate!!! (Fin 18:30)
PREZO: de balde

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

30N Gran recollida de alimentos

Como nunca deixamos de repetir, a meta fundamental que temos nos scouts é prestar todo o #servizo posible na sociedade na que vivimos, no noso entorno, para (como di o noso lema) poder Construir Un Mundo Mellor.
É por isto que o Grupo Scout Chan 292 o vindeiro sábado día 30 imos colaborar activamente co Banco de Alimentos Rías Altas na Gran Recollida de Alimentos 2013 que organiza a Federación Española de Bancos de Alimentos-FESBAL a nivel de todo o estado.
Os obxectivos desta iniciativa son por suposto tratar de facer chegar alimentos básicos a aquelas persoas e familias que se atopen en circunstancias máis difíciles hoxe en día, así como sensibilizar á poboación en xeral sobre o despilfarro de alimentos e recursos no que a nosa sociedade adoita caer.
A colaboración do noso Grupo Scout Chan consistirá en atender uns puntos de recollida no Supermercado Alcampo (Centro Comercial Área Central) que funcionarán durante todo o horario de apertura deste establecemento, de 9:00 da mañá a 22:00 da noite.
Esta labor voluntaria se organizará en catro turnos de traballo e será realizada por todos os nenos e nenas, mozos e mozas do Grupo, de Manada a Clan, e por suposto a coordinación dos scouters.
Queremos facer un chamamento a todo o entorno do Grupo Scout Chan 292 e por extensión a toda a sociedade compostelá para que colabore na medida posible con esta iniciativa solidariedae e servizo.
A etiqueta para empregar nas redes sociais para compartir comentarios, información, fotos, etc sobre a Gran Recollida de Alimentos 2013 será#yotambiéncomparto

recogidaAlimentosE_30nov

Podedes atopar máis información sobre a campaña da Gran Recollida de Alimentos 2013 na web: http://www.granrecogidadealimentos.org/

Información sobre o Banco de Alimentos Rías Altas (provincia de A Coruña): http://www.balrial.com/

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

#KiloScout para axudar a quen máis o necesita

ESX-ActServ2013-KiloScout-DiseñoCarteles.edit

Os scouts de ASDE – Scouts de Galicia buscaremos a solidariedade dos veciños de A Coruña, Ferrol e Santiago para colaborar co Banco de Alimentos o sábado 1 de xuño

Máis de 250 nenos/as e mozos/as impulsarán a “Operación #KiloScout” simultánea en centros comerciais e prazas céntricas 

A dramática situación que viven moitos veciños de Galicia por motivo da crise económica impulsa esta acción da federación ASDE – Scouts de Galicia, en colaboración con Banco de Alimentos Rías Altas. Os scouts galegos botarémonos á rúa este sábado 1 de xuño coa intención de procurar a solidariedade cidadá para colaborar coa aportación de alimentos para aquelas persoas que verdadeiramente o necesitan para comer.

ASDE – Scouts de Galicia organiza así a xornada denominada “#KiloScout” na que máis de 250 nenos/as e mozos/as dos Grupos Scouts da nosa ONGD difundirán esta petición de axuda ante a necesidade de forma simultánea nas cidades da Coruña (Semente 597 e San Jorge 33), Ferrol (Ferrol 19 e Vasco da Ponte 636) e en Santiago de Compostela (o noso Grupo Chan 292).

Deste xeito, en SANTIAGO os escultas e os rovers (de 14 a 20 anos de idade), provistos de petos identificativos, atenderán un punto de recollida de alimentos non pererecederos no hipermercado Alcampo (en Área Central), durante todo o horario do centro de 9:30 a 22:00

Distribuiranse nas entradas para animar aos clientes a que merquen algo de máis para o Banco de Alimentos. Logo, nas caixas, recolleranos e gardaranos para a súa posterior distribución polo Banco de Alimentos Rías Altas.

Por outra banda, os lobatos e tropeiros (de 8 a 14 anos de idade) buscarán a sensibilización da cidadanía para lograr unha colaboración co Banco de Alimentos, realizando nas rúas uns xogos de concienciación e distribuirán folletos explicando a inicitaiva #KiloScout, a acción solidaria do Banco de Alimentos e as posibles vías de axuda.

Asemade, instalarán unha mesa informativa na Praza Roxa de 17.00 a 20.00 horas para que calqueira persoa interesada poida doar alimentos non perecederos.

O obxectivo da acción non se limita a recoller quilos de alimentos o sábado, qué xa de por si é moi importante, senón tamén a xerar unha actitude de colaboración máis continuada co Banco de Alimentos.

¡¡Convidámosvos a todos e todas a participar nesta iniciativa coas vosas doazóns de alimentos, e dándolle a maior difusión posible!!

Moitas grazas

Máis información en: http://scoutsdegalicia.org/2013/05/29/operacion-kiloscout/

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Colaboramos coa campaña “A túa axuda = A miña ilusión”

O Grupo Scout Chan 292 sempre estamos dispostos a colaborar con calquera necesidade do noso entorno coa que poidamos botar unha man, posto que ese é o espírito do escultismo en base ao cal educamos aos nosos nenos e nenas: estar sempre dispostos a axudar aos demais e tratar de deixar as cousas mellor de como as atopamos, buscando construir un mundo mellor.
Deste xeito, dende o pasado mes de abril estamos colaborando cunha nova iniciativa, unha campaña de recollida de tapóns para Matías, un neno de Santiago de 5 anos de idade que padece unha parálise cerebral.
Todos os fondos recadados coa venda dos tapóns recollidos destínanse para os tratamentos e terapias médicas para intentar mellorar a calidade de vida do pequeno Matías.
Se estades interesados en colaborar, traede os vosos tapóns ao punto de recollida que habilitamos no noso local.
Aquí vos deixamos un documento que recolle os diferentes tipos de tapóns que serían aptos para a recollida: https://gruposcoutchan292.org/wp-content/uploads/2013/05/tipos-tapones-solidarios.pdf
tu ayuda mi ilusion
Tamén Podedes atopar máis información nas seguintes ligazóns:

Páxina de Facebook da campaña “Tu ayuda= mi ilusión

Artigo sobre a campaña “Tu ayuda=mi ilusión” no blog “A liña solidaria

¡¡Os vosos tapóns teñen moito valor!!
Categorías: Grupo | Etiquetas: ,, | 1 Comentario

Blog en WordPress.com.