Como nunca deixamos de repetir, a meta fundamental que temos nos scouts é prestar todo o
#servizo posible na sociedade na que vivimos, no noso entorno, para (como di o noso lema) poder
Construir Un Mundo Mellor.
Os obxectivos desta iniciativa son por suposto tratar de facer chegar alimentos básicos a aquelas persoas e familias que se atopen en circunstancias máis difíciles hoxe en día, así como sensibilizar á poboación en xeral sobre o despilfarro de alimentos e recursos no que a nosa sociedade adoita caer.
A colaboración do noso Grupo Scout Chan consistirá en atender uns puntos de recollida no Supermercado Alcampo (Centro Comercial Área Central) que funcionarán durante todo o horario de apertura deste establecemento, de 9:00 da mañá a 22:00 da noite.
Esta labor voluntaria se organizará en catro turnos de traballo e será realizada por todos os nenos e nenas, mozos e mozas do Grupo, de Manada a Clan, e por suposto a coordinación dos scouters.
Queremos facer un chamamento a todo o entorno do Grupo Scout Chan 292 e por extensión a toda a sociedade compostelá para que colabore na medida posible con esta iniciativa solidariedae e servizo.
A etiqueta para empregar nas redes sociais para compartir comentarios, información, fotos, etc sobre a Gran Recollida de Alimentos 2013 será
#yotambiéncomparto

Podedes atopar máis información sobre a campaña da Gran Recollida de Alimentos 2013 na web: http://www.granrecogidadealimentos.org/
Información sobre o Banco de Alimentos Rías Altas (provincia de A Coruña): http://www.balrial.com/