Artigos coa etiqueta: Chocolatada

¡¡Chocolatada Scout Solidaria!!

Cartel Chocolatada

 

Xa está aquí a CHOCOLATADA SOLIDARIA do Grupo Scout Chan!

O vindeiro Sábado 12, de 16:00h a 18:30h, temos unha cita nas pistas deportivas do parque de San Xoán, moi preto do noso local en Vista Alegre.

No caso de que choiva, estaremos no local, Rúa de Boiro nº 12 baixo A

(Ás 16:00 comezan os xogos para os nenos e ás 17:30, pais/nais, apoios e antigos membros, comeza a servirse o chocolate).

¡Organizamos unha recollida benéfica e solidaria de alimentos non perecedeiros!

Teremos tamén diferentes xogos e por suposto, non faltará un chocolate ben quentiño.

¡Todo de balde!

¡Anímate e participa!

Advertisement
Categorías: Grupo | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

¡¡Chocolatada Scout e Solidaria!!

 

 

Chocolatada2014

Xa está aquí a CHOCOLATADA SOLIDARIA do Grupo Scout Chan!

O vindeiro Sábado 13, de 16:00h a 18:30h, teremos unha cita coa solidariedade nas pistas deportivas do parque de San Xoán, moi preto do noso local en Vista Alegre. Organizamos unha recollida benéfica e solidaria de xoguetes e libros, así que revisa ben na casa e trae todos eses xoguetes e contos que xa non empregas e dálles unha segunda vida, fai posible que outros nenos e nenas os poidan aproveitar e disfrutar.

Teremos tamén diferentes obradoiros e xogos e como colofón, por suposoto, non faltará un chocolate ben quentiño!

¡Todo de balde!

¡Anímate e participa!
[Se agradecería confirmación de asistencia (gruposcoutchan292@gmail.com) para calcular ben as cantidades]

 

Categorías: Grupo | Etiquetas: , | Deixar un comentario

¡Chocolatada Solidaria 2013!

chocolatada3

Como ven sendo habitual nestas datas próximas ó Nadal, o Grupo Scout Chan 292 celebrará o vindeiro sádado 14 unha Chocolatada Solidaria aberta a todas as familias do grupo, antigos membros e rapaces e veciños da zona.

A Chocolatada e todas as actividades se ralizarán nas pistas deportivas do parque de San Xoan, no Barrio de Vista Alegre.

Para todos os rapaces e rapazas que acodan haberá xogos dende as 16:00.
Os adultos están convocados a partires das 17:30, que será cando se empece a servir un rico chocolate quente con churros!!
Este ano, e como xa vimos facendo dende anos atrás, pedimos a vosa colaboración xa que faremos unha recollida de alimentos non perecedoiros e de xoguetes, para que este Nadal ningún neno quede sen el. Todo o que recollamos irá destinado a Cáritas quen despois procederan a súa distribución entre as familias máis necesitadas.
Este é un bo momento para que veciños, scouts, antiguos membros e familias do grupo pasemos un bo rato xuntos e desfrutemos dun chocolate con churros ben quentiño.

Recapitulando…
Data: 14 de Decembro.
Lugar: pistas do barrio de Vista Alegre.
Hora: 16:00h (comenzan os xogos para os rapaces) 17:30 pais e antiguos membros para o chocolate!!! (Fin 18:30)
PREZO: de balde

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Chocolatada solidaria

O pasado sábado 8 de decembro o Grupo Scout Chan 292 celebrou a súa tradicional Chocolatada de Nadal coa participación de todos os nenos e nenas, mozos e scouters do Grupo, así como de todos os pais, nais, familiares, amigos e veciños do barrio que se pudieron acercar ó parque de San Xoan (moi preto do noso local de Vista Alegre) para compartir un vaso de chocolate ben quentiño.

Durante esta tarde festiva celebrouse un gran Amigo Invisible entre todos os membros do Grupo, así todos tiveron o seu pequeno agasallo de Nadal. Tamén se organizaron xogos para todos os rapaces que se achegaron (scouts ou veciños).

Pero o máis importante desta nova convocatoria aberta de Chocolatada do Grupo Chan foi sen dúbida a recollida de alimentos que se levou a cabo, a favor da Cociña Económica de Santiago. Os scouts temos como obxectivo servir e axudar para entre todos poder construir un mundo mellor, e nestes tempos difíciles que estamos a vivir cremos que é fundamental apelar á solidariedade de todos para poder axudar a quen máis necesidades teña. e polo tanto é para nós unha grande alegría poder dicir que a nosa recollida de alimentos logrou acadar máis de 75 kg de comida doada por familias do Grupo así como por veciños do barrio de Vista Alegre.

Moitísimas gracias a todos e todas pola vosa colaboración.

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.