Artigos coa etiqueta: solidariedade

¡#PonteNosSeusZapatos e colabora!

Desde o Clan do Grupo Scout Chan 292, queremos facer un chamamento de acción para que nos axudedes nun obxectivo que temos: conseguir calzado para as persoas refuxiadas que o necesitan.

Debido as durísimas e precarias condicións nas que se sobreviven aos refuxiados de guerra que se atopan neste momento en Grecia, no próximo Festival Federal Scout en Mérida propúxose realizar unha macrorecollida de calzado, co fin de envialo a zonas específicas en necesidade.

Aínda que é certo que se realizan continuas campañas de recollida de produtos sanitarios ou alimentos, ás veces esquecémonos doutras cousas que tamén son necesarias.

Esta acción de solidariedade nace da ilusión dos irmáns e irmás scouts do Grupo Scout 109 Monte Clavijo de ASDE – Scouts de La Rioja. Aquí tedes máis información da iniciativa: https://scoutsdelarioja.wordpress.com/2016/04/16/aliento-de-esperanza/

Dende o Grupo Scout Chan 292, queremos unirnos a esta proposta. Por iso ofrecemos, a quen esteades interesados en participar, a posibilidade de doar calzado para esta causa. Os encargados de organizar a recollida seremos nós, o Clan de Rovers.

A recollida estará activa ata o vindeiro xoves 28 ás 20.00. O calzado doado deberá depositarse en bolsa pechada e co número de talla escrito por fóra na Cafetería 25 de Xullo (Avenida Rodrigo de Padrón, n°4. Enfronte á comisaría da Policía Nacional).

O calzado, debe estar en BÓ ESTADO e a poder ser botas de montaña, trekking ou deporte, xa que serán necesarios para usalos durante moito Km. Tamén é recibido calzado máis estival, pero debe ser apropiado pra camiñar.

Pedímosvos que revisedes todo o voso material e sumédesvos a esta causa axudándonos nesta macrorecollida!

Aquelas persoas que non teñan como levar o calzado, ou para calquera consulta e/ou dúbida, podedes contactar connosco neste email: ClanGrupoScoutChan292@gmail.com

¡Moitas, moitísimas grazas á cafetaría 25 de Xullo pola colaboración e a súa enteira disposición a esta causa!

¡Contamos con todos e todas! #PonteNosSeusZapatos #ConstruirUnMundoMellor

A recollida de calzado comezou con moi boa resposta

A recollida de calzado comezou con moi boa resposta

 

Categorías: Clan, Grupo | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

¡¡Chocolatada Scout Solidaria!!

Cartel Chocolatada

 

Xa está aquí a CHOCOLATADA SOLIDARIA do Grupo Scout Chan!

O vindeiro Sábado 12, de 16:00h a 18:30h, temos unha cita nas pistas deportivas do parque de San Xoán, moi preto do noso local en Vista Alegre.

No caso de que choiva, estaremos no local, Rúa de Boiro nº 12 baixo A

(Ás 16:00 comezan os xogos para os nenos e ás 17:30, pais/nais, apoios e antigos membros, comeza a servirse o chocolate).

¡Organizamos unha recollida benéfica e solidaria de alimentos non perecedeiros!

Teremos tamén diferentes xogos e por suposto, non faltará un chocolate ben quentiño.

¡Todo de balde!

¡Anímate e participa!

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

¡Chocolatada Solidaria 2013!

chocolatada3

Como ven sendo habitual nestas datas próximas ó Nadal, o Grupo Scout Chan 292 celebrará o vindeiro sádado 14 unha Chocolatada Solidaria aberta a todas as familias do grupo, antigos membros e rapaces e veciños da zona.

A Chocolatada e todas as actividades se ralizarán nas pistas deportivas do parque de San Xoan, no Barrio de Vista Alegre.

Para todos os rapaces e rapazas que acodan haberá xogos dende as 16:00.
Os adultos están convocados a partires das 17:30, que será cando se empece a servir un rico chocolate quente con churros!!
Este ano, e como xa vimos facendo dende anos atrás, pedimos a vosa colaboración xa que faremos unha recollida de alimentos non perecedoiros e de xoguetes, para que este Nadal ningún neno quede sen el. Todo o que recollamos irá destinado a Cáritas quen despois procederan a súa distribución entre as familias máis necesitadas.
Este é un bo momento para que veciños, scouts, antiguos membros e familias do grupo pasemos un bo rato xuntos e desfrutemos dun chocolate con churros ben quentiño.

Recapitulando…
Data: 14 de Decembro.
Lugar: pistas do barrio de Vista Alegre.
Hora: 16:00h (comenzan os xogos para os rapaces) 17:30 pais e antiguos membros para o chocolate!!! (Fin 18:30)
PREZO: de balde

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

30N Gran recollida de alimentos

Como nunca deixamos de repetir, a meta fundamental que temos nos scouts é prestar todo o #servizo posible na sociedade na que vivimos, no noso entorno, para (como di o noso lema) poder Construir Un Mundo Mellor.
É por isto que o Grupo Scout Chan 292 o vindeiro sábado día 30 imos colaborar activamente co Banco de Alimentos Rías Altas na Gran Recollida de Alimentos 2013 que organiza a Federación Española de Bancos de Alimentos-FESBAL a nivel de todo o estado.
Os obxectivos desta iniciativa son por suposto tratar de facer chegar alimentos básicos a aquelas persoas e familias que se atopen en circunstancias máis difíciles hoxe en día, así como sensibilizar á poboación en xeral sobre o despilfarro de alimentos e recursos no que a nosa sociedade adoita caer.
A colaboración do noso Grupo Scout Chan consistirá en atender uns puntos de recollida no Supermercado Alcampo (Centro Comercial Área Central) que funcionarán durante todo o horario de apertura deste establecemento, de 9:00 da mañá a 22:00 da noite.
Esta labor voluntaria se organizará en catro turnos de traballo e será realizada por todos os nenos e nenas, mozos e mozas do Grupo, de Manada a Clan, e por suposto a coordinación dos scouters.
Queremos facer un chamamento a todo o entorno do Grupo Scout Chan 292 e por extensión a toda a sociedade compostelá para que colabore na medida posible con esta iniciativa solidariedae e servizo.
A etiqueta para empregar nas redes sociais para compartir comentarios, información, fotos, etc sobre a Gran Recollida de Alimentos 2013 será#yotambiéncomparto

recogidaAlimentosE_30nov

Podedes atopar máis información sobre a campaña da Gran Recollida de Alimentos 2013 na web: http://www.granrecogidadealimentos.org/

Información sobre o Banco de Alimentos Rías Altas (provincia de A Coruña): http://www.balrial.com/

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.