Tiñamos pendente facer unha mención á acampada de Nadal dos Rovers, os mozos e mozas maiores do Grupo. O Clan sempre realiza as súas acampadas en ruta, percorrendo sendas e coñecendo novos lugares.
Velaquí vai:
Nos últimos días de Decembro, o Clan do Grupo Scout Chan 292 foise de ruta, como é costume nesas datas do Nadal.
Esta vez, a ruta comezou en Vila de Cruces e rematou en Melide. Foron dúas duras etapas duns 18 Km aproximadamente cada unha; para rematar o terceiro día cun pequeno tramo de 8 Km.
Foi a primeira ruta do Clan nesta rolda solar, e notouse moito na programación, xa que había moitas cousas programadas, e poucas que puidemos facer, debido ás poucas horas que tiñamos pensado camiñar, e as moitas que tivemos que facer.
É habitual que se una algún “espontáneo” ás nosas rutas!
Tamén innovamos, xa que nos sobrou un bote de nocilla, co cal fixemos unha foundie de chocolate (ao baño maría) de pexegos e piña en almíbar. Deixámosvos unha foto para o voso deleite 🙂
Sempre listos, e boa ruta!
Lembrade que podedes seguir a vida do Clan no seu blog: http://milnovecientosiete.blogspot.com.es/