


Como o prometido é débeda, xa podemos ir comezando a contaros algunhas cousas das acampadas que realizaron os nosos rapaces e rapazas scouts durante os pasados días de Nadal.
Comezamos pola Tropa:
Entre os pasados días 28 e 30 de Decembro do 2012, a Tropa Scout do Grupo Scout 292 Chan fixo unha incursión polas terras da comarca de Tabeirós-Terra de Montes, tan apreciada e frecuentada por nós pola beleza e abuncdancia das súas carballeiras.
Coma sempre, os scouts chegaron armados coas súas mochilas, tendas e algún gorro particular que lles axudou a combatir o vento e a chuvia que puxo a proba máis dun toldo mal atado.
Despois de aprender algunhas nocións de orientación partimos cara unha ruta na que a nave rescatadora da Patrulla Castores pouco tardou en botarlles o lazo a unha Patrulla de Furóns accidentados na descoñecida atmósfera terrícola.
Non sen chuvia, esforzo, risas, fotos e camiñar en círculos chegamos de novo ás nosas casas verde canadiense para concluir unha xornada compartindo un colacao que soupo a gloria.