Durante os derradeiros días do ano 2012 e os primeiros momentos do 2013, as distintas seccións educativas (Manada, Tropa, Unidade Esculta e Clan) do noso Grupo Scout Chan 292 realizaron as súas respectivas acampadas de Nadal.
Para nós, como scouts, as acampadas son o elemento fundamental de todas as nosas programacións de actividades, pois nos levan a un contacto directo coa Natureza. ¿Acaso non é moito máis bonito e divertido realizar os nosos xogos e obradoiros en medio dunha fermosa carballeira que metidos nun local?
Moi pronto teremos algunhas fotos destas actividades, así como o relato das mesmas, e probablemente nos contarán máis dunha divertida anécdota.
Mentres tanto aproveitade para desfrutar os últimos días de Nadal, sen deixar de lembrar que debemos facer todo o que de nós dependa para axudar ás persoas que nos rodean (familiares, amizades, veciños…) para poder construir un mundo mellor e así deixaremos as cousas mellor de como as atopamos.
Aproveitamos para volver a felicitarvos a todos e todas o ano que comeza, e queremos lembrar dúas das claves que nos deben guiar ós scouts:
Sempre Adiante
e
Sempre Listos para Servir
Pingback: Rematando o ano nunha carballeira « Grupo Scout Chan 292