Artigos coa etiqueta: escultas

Lembramos o Certame Literario 2012

Un intre da lectura dos textos participantes

O pasado sábado 16 de xuño, no marco da tradicional Sardiñada do Grupo, celebramos en Busto a entrega de premios dos dous concursos que se levaron a cabo esta Rolda dende a Biblioteca Chan 292.

En primeiro lugar, entregamos o premio á Manada por ser os gañadores do I Concurso “Lendo entre liñas”. Un premio ben merecido, xa que deron con máis da metade dos textos que había polo local.

Os premiados xunto coa Responsable da Biblioteca

Por outra banda, entregáronse os premios aos gañadores do II Concurso de Contos. Foron moitos os participantes deste ano, que llo puxeron difícil ao xurado á hora de ter que elixir os gañadores. Na primeira categoría, na que participaban os lobatos, a gañadora foi Lúa Valiño por “La magia de viajar”. Na terceira categoría (escultas), Laura Montoya por “India no corazón” e na cuarta categoría (scouters), Fran Gutiérrez por “Desoutra beira”. Ademais, entregouse un premio especial por “Un día na Selva” a Martín Viturro, que nos sorprendeu cun incrible conto que el mesmo converteu en libro e que, ademais de contar unha historia que nos fixo rir a todos, das súas páxinas xorden verdadeiras escenas en 3D feitas a man. Por suposto, despois de recibir o seu premio, os gañadores fixeron a lectura dos seus contos gañadores. Se queredes coñecer estas e todas as demais historias, podedes achegarvos a biblioteca, onde se atopa o libro que recolle todos os contos dos participantes. Libro que tamén lle foi entregado aos participantes e ao xurado, en agradecemento ao seu traballo, na entrega de premios.

¡Grazas a todos polas vosas historias!

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,,,,,,, | 1 Comentario

O Grupo Chan, un ano máis colaborando co Día Autonómico do Minibásquet

Algúns dos Escultas, Rovers e Scouters que colaboraron no Día do Minibásquet

O pasado sábado celebrouse en Santiago a IX edición do Día Autonómico do Minibásquet. Nesta ocasión foron 1.400 os rapces chegados de toda Galicia para participar nesta xornada deportiva organizada polo Grupo Correo Gallego en colaboración con outras entidades. Unha xornada de básquet, competitividade sana e convivencia, onde os escultas e rovers do Grupo Chan, coma en tódalas edicións anteriores deste evento, colaboraron levando a cabo a importantísima tarefa da xestión loxística dos alimentos e bebidas que a organización pon a disposición dos participantes (almorzo, comida, merenda e refrixerios) así como na preparación e entrega dos premios e recordos.

Un exemplo máis da implicación e do compromiso dos scouts do Chan en tratar de servir á súa cidade e á sociedade compostelá dun xeito altruista e voluntario.

Podedes ver ós scouts traballando noutras imaxes do evento na galería de fotos do evento na web do diario El Correo Gallego

Categorías: Clan, Grupo, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.