Xa dicía fai tempo algunha que outra persoa sabia aquilo de que “as nosas accións falan tanto sobre nós coma nós sobre elas”. Tanto é así, que continuamente estamos a avanzar entre camiños e decisións que marcan os nosos resultados. E, cando estamos a falar de resultados educativos, de persoas, de nenos e nenas crecendo para chegar a ser axentes de cambio na procura de deixar o mundo mellor do que o atoparon, débese falar e refalar das accións cantas veces sexa necesario.
Así se fixo esta fin de semana, coa celebración dunhas Xornadas para o noso equipo de educadores e educadoras voluntarios (scouters).
Un percorrido polo realizado estes meses atrás con vistas a mellorar a nosa maneira de facer tendo sempre como obxectivo a educación integral de tódolos nenos e nenas cos que se traballa semana a semana. Unha fin de semana intensa na que avaliar o conseguido e revisar as moitas, moitísimas, accións que aínda quedan por diante. E é que, toda crítica construtiva é éxito asegurado para seguir traballando da mellor maneira posíble sendo necesario que as accións falen de nós realizando así unha educación pola acción constante, e que nós falemos delas para exprimir todas as potencialidades que cada quen aporta a continuo quefacer educativo.
Fines de semana intensos que son, ademais de divertidos, moi necesarios para seguir camiñando nesta liña de actuación.