Artigos coa etiqueta: lobatos

Finalistas no Concurso Federal de Curtametraxes

Estamos de noraboa. A curtametraxe “Xogando xunt@s con Momo” elaborada pola Manada do Grupo Scout 292 Chan durante o pasado campamento de verán resultou clasificada como finalista no VI Concurso Federal de Curtas Scouts, na categoría de Castores e Manada.Velaquí tedes o video, colgado na canle de Youtube de ASDE-Scouts de España.

É a segunda ocasión que o noso Grupo participa neste certame anual, e polo tanto supón un gran éxito para o traballo dos nosos rapaces e rapazas.

E ademáis a segunda vez neste certame que unha curta dun Grupo de ASDE-Scouts de Galicia se clasifica para a final.

A curtametraxe dos lobatos e lobatas do Chan resultou escollida entre os tres mellores, o cal supuxo a invitación para dous educandos e máis un scouter do Chan para estar presentes no acto da gran final, en Guadarrama (Madrid) no marco da importante VII Conferencia Scout Federal.

Os lobatos que nos representaron na final do certame, xunto con Bagheera (en pé detrás dos rapaces) xunto co resto da delegación de ASDE-Scouts de Galicia na Conferencia. Moita presencia do Chan 😉

Malia que non puido resultar gañadora do Concurso, os rapaces que representaron ao noso Grupo Chan desfrutaron enormemente coa experiencia emocionante de estar presentes na gran final e da posibilidade de coñecer a scouts de moitos lugares diferentes.

Os lobatos do Chan recibindo o diploma e mailo premio como finalistas, de mans do Presidente Scout Federal (drta) e o Coordinador Federal de Educación Scout (esq.).

Podedes ver máis fotos na nosa páxina de Facebook.

Advertisement
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo, Manada | Etiquetas: ,,,,, | 1 Comentario

Lembramos o Certame Literario 2012

Un intre da lectura dos textos participantes

O pasado sábado 16 de xuño, no marco da tradicional Sardiñada do Grupo, celebramos en Busto a entrega de premios dos dous concursos que se levaron a cabo esta Rolda dende a Biblioteca Chan 292.

En primeiro lugar, entregamos o premio á Manada por ser os gañadores do I Concurso “Lendo entre liñas”. Un premio ben merecido, xa que deron con máis da metade dos textos que había polo local.

Os premiados xunto coa Responsable da Biblioteca

Por outra banda, entregáronse os premios aos gañadores do II Concurso de Contos. Foron moitos os participantes deste ano, que llo puxeron difícil ao xurado á hora de ter que elixir os gañadores. Na primeira categoría, na que participaban os lobatos, a gañadora foi Lúa Valiño por “La magia de viajar”. Na terceira categoría (escultas), Laura Montoya por “India no corazón” e na cuarta categoría (scouters), Fran Gutiérrez por “Desoutra beira”. Ademais, entregouse un premio especial por “Un día na Selva” a Martín Viturro, que nos sorprendeu cun incrible conto que el mesmo converteu en libro e que, ademais de contar unha historia que nos fixo rir a todos, das súas páxinas xorden verdadeiras escenas en 3D feitas a man. Por suposto, despois de recibir o seu premio, os gañadores fixeron a lectura dos seus contos gañadores. Se queredes coñecer estas e todas as demais historias, podedes achegarvos a biblioteca, onde se atopa o libro que recolle todos os contos dos participantes. Libro que tamén lle foi entregado aos participantes e ao xurado, en agradecemento ao seu traballo, na entrega de premios.

¡Grazas a todos polas vosas historias!

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,,,,,,, | 1 Comentario

Reformas no local de Busto

Presentamos un exemplo máis de cómo o scout non coñece mellor forma de acadar as súas metas que facer as cousas por si mesmo, con traballo e ilusión:

A Manada no seu remozado "cubil"

“O pasado sábado (24 marzo) tocou traballar a fondo. Tanto a Manada coma a Tropa comezamos sendos traballos de reforma nos nosos respectivos locais de Busto.

A Manada pintamos e redecoramos por completo o noso Cubil, ademais de dotalo de novos mobles.

A Tropa comezamos a realizar a nosa Aventura, que durará probablemente ata preto do campamento de verán. Este sábado tocou rascar parte da parede e lixar as sillas e máis a porta, para poder empezar a pintar á volta da Semana Santa.

A Tropa traballando con alegría

Lobatos e Tropeiros rematamos o día moi cansos, pero moi satisfeitos polo bo ambiente e polo bo traballo realizado. Esperamos rematalos pronto para que os poidades visitar e nos digades que vos parecen.”

Os tropeiros traballando no seu recuncho

Categorías: Manada, Tropa Scout | Etiquetas: ,,,,,, | 2 Comentarios

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.