Artigos coa etiqueta: campamento federal

Participamos no Campamento Federal de Escultas en Tenerife

Como xa sabedes, os escultas do noso Grupo participaron no Campamento Federal de Escultas celebrado en Tenerife o pasado mes de agosto. Alí puideron compartir experiencias con outros escultas, mozas e mozos, chegados dende tódolos rincóns de España, das diferentes organizacións que integramos ASDE-Scouts de España. Unha formidable maneira de celebrar os 100 anos da chegada do escultismo a Galicia e a España.

Aquí tedes unha imaxe dos nosos escultas no aeroporto de Tenerife, antes de emprender a súa viaxe de regreso, e a continuación a valoración que fai unha das súas scouters:

“Proxecto Blue Banana”, así comezou todo, buscando un nome ao proxecto na que a Unidade Esculta do Grupo Scout Chan 292 traballaría durante todo o ano e levaríaos ao Campamento Federal de Escultas en Tenerife.

Como scouter é difícil resumir ou expresar o que viviron os nosos rapaces nese nove días.  Pasando por un nerviosismo inicial, que non lles deixaba durmir durante a nosa espera de máis de 12h no aeroporto de Madrid para coller o seguinte voo destino Tenerife, até o momento da despedida entre prantos, abrazos, sorrisos…  É moito o que viviron, compartido, gozado e moito son os recordos e amigos que levan.

A verdade non é difícil facer amigos cando se comparte un mesmo ideal e unha forma de vida como é o escultismo, este é un forte lazo de unión que os fai sentirse unha verdadeira unidade.
Grazas a todas aquelas persoas que fixeron que este campamento fose posible, sabemos que o traballo que hai detrás é moito. Pero que o compensa vendo aos rapaces cun sorriso permanente. Grazas por regalarnos momentos como ver amencer no Teide!
Nunu
Scouter da UE do Grupo Scout  Chan 292
SLPS

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

A Esculta participará na Feira de San Pedro

Hoxe venres 29 de xuño comeza unha das celebracións máis populares e coñecidas da cidade: as festas do barrio de San Pedro. Un dos eventos máis animados e singulares destas festas será a Feira que se celebrará o sábado, de 11 da mañá ata as 10 da noite, e alí vai estar de novo a Unidade Esculta, que xa participara na Feira de Primaveira celebrada neste mesmo lugar, unhas semanas atrás.

Nos envían esta mensaxe para todos vós, ¡atención!:

Estamos na recta final do noso proxecto Blue Banana que nos levará á illa de Tenerife do 5 ao 12 de agosto ao Campamento Federal de Escultas que se celebra dentro do programa de actividades que conmemoran o Centenario do escultismo en España, Xa temos os nosos billetes de avión comprados, estamos co mel nos beizos, ilusionados, cun sorriso permanente e desexando que chegue o tan ansiado momento, traballamos moito neste proxecto, pero o esforzo mereceu a pena.
Unha das nosas últimas accións para recadar diñeiro será montando un posto na rúa de San pedro este sábado 30 de xuño, alí venderemos bizcochos, cupcakes, hojaldres de chocolate, pendentes e broches todo iso feito por nós, ademais tamén venderemos libros de segunda man, peluches… e moitas cousas máis. Animámosvos a que vos pasedes polo posto ademais de gozar dun día de Romaría na Rúa de San pedro.
 
A Unidade Esculta

Lembrade que podesde seguir toda a información dos proxecots dos escultas no seu blog: http://escultas-accion.blogspot.com.es/

Categorías: Unidade Esculta | Etiquetas: ,, | 2 Comentarios

A sudadeira scout ¡non te quedes sen ela!

Presentamos unah importante mensaxe da Unidade Esculta:

Aqueles que nos seguides no blog e nas redes sociais do Grupo xa saberedes que a unidade esculta do Chan 292 este ano ten un proxecto ambicioso denominado “Blue Banana Project” e para os que aínda non vos decatastes ímonos a Tenerife ao Campamento Federal de Escultas ¡¡yuhuuuu!!

Levamos xa desde o 2º trimestre da rolda traballando moito, dividímonos en comisións para que todo estea ben organizado, e para que chegado o momento, só nos quede subir a un avión rumbo ao sol e as palmeiras. Vendemos carteiras, abelorios, puños de mono…e reunímonos cada sábado para achegarnos cada vez máis ao soño co que nos espertamos hai algúns meses.

Agora é cando vos convidamos a participar do noso soño, para o que vos damos as grazas de antemán, estamos a vender unhas sudadeiras que son o último en moda, custan 18 Euros, e seguro que xa veriades a moitos cunha posta, así que se aínda non a tedes facémosvos esta pregunta… ¿a que estades a esperar?

Se queres pedir a túa sudadeira podedes mandar un e-mail a equipoue@yahoo.es indicando o teu nome, talla e número de teléfono e porémonos en contacto contigo.

¡¡Non esperes máis, que xa nos quedan poucas!!

Categorías: Unidade Esculta | Etiquetas: ,, | 1 Comentario

Blog en WordPress.com.