Hoxe venres 29 de xuño comeza unha das celebracións máis populares e coñecidas da cidade: as festas do barrio de San Pedro. Un dos eventos máis animados e singulares destas festas será a Feira que se celebrará o sábado, de 11 da mañá ata as 10 da noite, e alí vai estar de novo a Unidade Esculta, que xa participara na Feira de Primaveira celebrada neste mesmo lugar, unhas semanas atrás.
Nos envían esta mensaxe para todos vós, ¡atención!:
Estamos na recta final do noso proxecto Blue Banana que nos levará á illa de Tenerife do 5 ao 12 de agosto ao Campamento Federal de Escultas que se celebra dentro do programa de actividades que conmemoran o Centenario do escultismo en España, Xa temos os nosos billetes de avión comprados, estamos co mel nos beizos, ilusionados, cun sorriso permanente e desexando que chegue o tan ansiado momento, traballamos moito neste proxecto, pero o esforzo mereceu a pena.
Unha das nosas últimas accións para recadar diñeiro será montando un posto na rúa de San pedro este sábado 30 de xuño, alí venderemos bizcochos, cupcakes, hojaldres de chocolate, pendentes e broches todo iso feito por nós, ademais tamén venderemos libros de segunda man, peluches… e moitas cousas máis. Animámosvos a que vos pasedes polo posto ademais de gozar dun día de Romaría na Rúa de San pedro.
A Unidade Esculta
Lembrade que podesde seguir toda a información dos proxecots dos escultas no seu blog: http://escultas-accion.blogspot.com.es/
Pingback: De novo participamos na Feira da Primavera | Grupo Scout Chan 292
Pingback: A Esculta participa na Feira das Festas de San Pedro 2013 | Grupo Scout Chan 292