Estivemos na Feira de Primavera do barrio de San Pedro

O pasado sábado 5 de maio a Unidade Esculta instalou un pequeno posto na xa tradicional Feira de Primavera do compostelán barrio de San Pedro.

Alí os escultas puxeron á venda doces, roupa de segunda man, pulseiras, pendentes, abalorios, chaveiros, e unha morea de cousas máis… incluíndo por suposto as súas fantásticas sudadeiras.

O obxectivo era recadar fondos para financiar o seu proxecto deste ano, participar no Campamento Federal de Escultas de ASDE-Scouts de España.

A Unidade Esculta contounos que tiveron un éxito rotundo, e queren dar as grazas a todos aqueles que vos pasastes polo seu posto xa que de algunha maneira axudastes a que o seu soño cada vez estea máis preto.

Aos que non puidestes pasar non vos preocupedes porque volverán a estar en San Pedro na feira que se organizará nas festas deste barrio o próximo 30 de xuño. ¡Irémosvos informando!

Lembrade que podedes estar ó día das actividades da Esculta no seu blog.

E lembra tamén que aínda estás a tempo de conquerir a túa sudadeira. Só tes que enviar un e-mail a equipoue@yahoo.es indicando o teu nome, talla e número de teléfono.

¡Xa quedan poucas!

Advertisement
Categorías: Grupo, Unidade Esculta | Etiquetas: ,, | 2 Comentarios

Navegación de artigos

2 reflexións sobre “Estivemos na Feira de Primavera do barrio de San Pedro

  1. Pingback: A Esculta participará na Feira de San Pedro « Grupo Scout Chan 292

  2. Pingback: De novo participamos na Feira da Primavera | Grupo Scout Chan 292

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: