O 17 de novembro se cumpren nin máis nin menos que CEN anos da chegada do escultismo a Galicia.

Rovers do Chan xunto a unha estatua de Baden-Powell en Brownsea (Inglaterra)
Cen anos de traballo voluntario pola educación integral de centos de rapaces e rapazas galegos
Cen anos de accións de servicio,
de proxectos de acción social,
de concienciación medioambiental,
de educación pola igualdade home-muller,
de acampadas,
de rutas inesquecibles por todos os rincóns de Galicia.
de xogos e danzas,
de obradoiros das máis variadas técnicas,
de colaboracións con outras ONG´s,
de fomento da responsabilidade individual,
de noites baixo un manto de estrelas e pólas de carballo
Scouts do Chan construíndo unha balsa
Todas e todos os scouts galegos temos centos de razóns para estar moi orgullosos deste primeiro século de vivencia do escultismo en Galicia, e nos enche de forzas para seguir mirando cara adiante, para seguir traballando por construir un mundo mellor, como di o noso lema, entre todos e todas.
Podedes coñecer un pouco máis sobre a nosa historia en Galicia e no resto de España na páxina de ASDE-Scouts de Galicia: http://scoutsdegalicia.org/2012/11/17/17-de-novembro-1912-2012-100-anos-educando-en-liberdade/
¡PARABÉNS A TODOS E TODAS OS SCOUTS DE GALICIA!