Artigos coa etiqueta: scouts de galicia

¡Máis de 40 millóns de personas estamos de celebración en todo o mundo! #ScoutSiempre

O Concello de Santiago de Compostela colgará hoxe a bandeira scout para conmemorar unha celebración moi importante para toda a gran familia Scout, o Día do Fundador.
En Galicia tamén os concellos da Coruña, Ourense ou Ferrol na celebración da xornada que ten carácter mundial
Santiago de Compostela, 22 de febreiro.

Santiago de Compostela sumarase á conmemoración do Día Scout Mundial colgando a bandeira Scout Mundial na fachada do Pazo de Raxoi durante toda a xornada en recoñecemento ao labor social, educativo e ambiental que desenvolvemos.
O 22 de febreiro é un día especial para as e os scouts de todo o mundo, xa que se conmemora o nacemento de Robert Baden- Powell e a súa esposa Olave, fundadores e persoas crave na organización xuvenil máis grande do mundo: o Movemento Scout. Os e as scouts suman en todo o mundo máis de 40 millóns de scouts co principal obxectivo de contribuír á educación en valores da infancia, para conseguir “cambiar o mundo e deixalo mellor do
que atoparon”, a súa máxima desde 1907.
Somos unha escola de cidadanía, na que educamos dende a coeducación na liberdade, a xustiza e a solidariedade, estimulando a responsabilidade persoal no marco da convivencia e o servizo á comunidade. Pretendemos contribuír a espertar o espírito crítico e participativo, respectando a liberdade persoal á vez que promovendo hábitos de vida saudable e o compromiso co coidado e defensa do medio. Alcanzamos as nosas metas educativas a través de actividades estimulantes e atractivas, xogos e moita diversión.
En Santiago de Compostela actualmente hai preto de 200 scouts en activo entre os tres grupos recoñecidos pola Organización Mundial del Movemento Scout:

  • Grupo Scout CHAN 292, de carácter laico, integrado en ASDE – Scouts de Galicia, que ten a súa sede na Rúa de Boiro e con máis 40 anos de actividade activa en continua.
  • Grupo Scout Tau, pertencente a federación Movementos Scout Católico – Escultismo Católico Galego e que ten a súa sede no Centro Socio- Cultural Juan XXIII con 6 anos en activo.
  • Grupo Scout Khanhiwara, pertencente a federación Movementos Scout Católico – Escultismo Católico Galego e que ten a súa sede no Centro Xuvenil Don Bosco con 30 anos en activo.

Sete millóns de persoas voluntarias responsabilízanse no mundo cada fin de semana e cada actividade programada, de grupos de rapaces e rapazas, cos que comparten os seus valores e experiencias, e a quen acompaña no seu crecemento como futuros cidadáns e cidadás axentes do cambio positivo na sociedade.

#SiempreScout #WorldFounderDay #ScoutsfoundersDay #Scouting

Advertisement
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Descubre o que somos, descubre o que facemos. Somos Scouts

¡E por fin se descubre a sorpresa que nos estaba a preparar ASDE Scouts de España! ¡¡Non nos podes gustar mais!! 😄😍
Esperamos que vos guste moito tamén a tod@s vós!

Descubre o que somos, descubre o que facemos. Somos Scouts.

Sacamos do noso macuto un proxecto cargado de ilusión, que esperamos que disfrutedes e que difundades para contarlle ao mundo porque estamos tan orgullosas e orgullosos de ser Scouts. Descubre o que somos, descubre o que facemos. Somos Scouts.

¡¡COMPARTE E DIFUNDE!!

Na canle de Youtube de ASDE Scouts de España tedes versións tamén en castelán (subtitulada en castelán e en inglés), euskera e catalán.

#SomosScouts #SonScout #SoyScout

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,,,,,,,,, | 1 Comentario

… e máis sobre o Festival (fotos e video)

Xa estamos recopilando material gráfico e audiovisual sobre o intenso fin de semana pasado en A Coruña, onde pudimos desfrutar de dúas xornadas de convivencia cos nosos irmáns scouts dos outros Grupos de ASDE-Scouts de Galicia.

Dous inesquecibles días nos que celebramos o XXXII Festival Scout Galego (no que o Grupo Chan acadou dous premios) pero que tamén serviron para realizar unha quenda de actividades de educación vial e máis as xa tradicionais Olimpiadas Scouts onde os rapaces competiron mesturados en equipos integrados por scouts de diferentes Grupos e idades nunha serie de probas deportivas onde o máis importante non é gañar senón participar e saber colaborar en equipo.

un intre da actuación do Chan

Por certo, o Festival foi presentado e amenizado pola compañía de teatro “El Ruiseñor” de Culleredo, que ben merece unha mención especial e un aplauso pola súa labor.

Aquí vos deixamos algunha imaxe do que deron de sí todas estas actividades…

Actividade de seguridade vial para os rovers(coordinada polos rovers do Chan)

E como resposta á petición por aclamación popular no Facebook, velaquí vos deixamos un video do que foi a actuación do Grupo Chan:

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Balanzo do Festival Scout Galego

Scouts de distintos recunchos de Galicia encontrámonos este pasado fin de semana en A Coruña para celebrar o XXXII Festival Scout Galego, no que o Grupo Scout Chan 292 presentou a canción “Instinto animal” que foi moi ben acollida. De feito as horas de ensaios e máis ensaios deron froito pois o Chan acadou o Premio a Mellor Música.

Pero hai que destacar especialmente a consecución do premio á Mellor Animación, un galardón que dende moitos anos  atrás o Chan viña intentando acadar. Logrouse á fin sen dúbida gracias o incesante ánimo dos rapaces e scouters do Chan para animar a aplaudir a todos e cada un dos demáis Grupos participantes, pero sobre todo gracias ao desinteresado e moi importante traballo da comunidade de nais e pais do Grupo, que ano tras ano intenta innovar con distintas vestimentas e artefactos na súa constante entrega para animar os Festivais. ¡Bravo por eles!

Estamos intentando recopilar fotos e videos do Festival e máis das Olimpiadas Scouts, pero de momento aqui vos deixamos unha imaxe do Grupo no momento de subir ao escenario:

Por último, non debemos de esquencernos de felicitar unha vez máis ó vencedor do certame, o Grupo 19 de Ferrol, e asimesmo aplaudir todo o traballo do Grupo que organizou este Festival, o Grupo Semente de A Coruña.

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,, | 1 Comentario

Blog en WordPress.com.