O pasado sábado 21 de xaneiro o Grupo Scout Chan 292 uniuse ás celebracións que se desenvolveron ese mesmo día por toda España para festexar o comezo do presenta ano 2012, o ano no que os scouts cumprimos o noso primeiro centenario de existencia en Galicia e no resto do estado.
Os rapaces e os educadores do Grupo apareceron súbitamente realizando danzas por distintas rúas do centro da cidade de Santiago de Compostela, para converxer finalmente na Praza Roxa. Alí estaban agardando as familias do Grupo xunto con antigos membros do Chan e do Ashanti, irmáns scouts doutros Grupos e outros amigos e colaboradores, para unirse tamén á festa e ás danzas.
Os membros do Grupo Chan formaron no centro da Praza a palabra “Scout” e despois leuse o Manifesto do Centenario.
A continuación tres lobatos sopraron unhas velas que simbolizaban o noso 100º cumpreanos e como colofón final todo o mundo lanzou ó aire a súa pañoleta scout.
¡Moitísimas grazas a todos os que pudíchedes achegarvos ó evento!
A flashmob do Grupo Chan tivo repercusión en diferentes medios de comunicación, por exemplo nas edicións do domingo 22 nos diarios La Voz de Galicia e El Correo Gallego (preme nas ligazóns para poder ver os artigos).
Esta actividade realizouse de forma simultánea a outras dúas realizadas en Ferrol e A Coruña por outros Grupos de ASDE-Scouts de Galicia, que tamén tiveron a súa correspondente repercusión mediática.
En moitas outras localidades celebráronse actos moi similares, a gran familia scout de ASDE-Scouts de España celebra esta importantísima data. Aquí tedes unha referencia.