Este ano, 2012, os scouts estamos de noraboa. ASDE-Scouts de España cumpre nin máis nin menos que os seus primeiros 100 anos.
Levamos xa 100 anos traballando por construir un mundo mellor, e queremos seguir polo menos outros 100 anos máis.
Con este motivo, estase a preparar todo un programa de actividades e eventos ó longo de todo este ano, en tódolos rincóns de España, comezando por este vindeiro sábado. O 21 de xaneiro vanse realizar, case simultáneamente, unha morea de actos e accións para festexar o noso cumpreanos, para dicirlle a todo o mundo que somos scouts e que queremos seguir construíndo un mundo mellor.
Os Grupos que formamos ASDE-Scouts de Galicia estamos preparando 3 grandes actividades en Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela.
En Compostela imos realizar unha actividade moi orixinal polas rúas do centro do Ensanche, culminando na Praza Roxa queremos convocar non só ós nosos rapaces e scouters senón tamén a TODOS OS FAMILIARES, ANTIGOS MEMBROS, COLABORADORES, AMIGOS, etc. en definitiva a TODA A GRAN FAMILIA SCOUT de Santiago de Compostela.
¡Non importa de que Grupo Scout formaras parte, se eres scout ou se non o eres pero te sintes cercano a nós e o sábado vas estar en Compostela, ACODE e PARTICIPA!
¡¡CONTAMOS CON TODOS VÓS!!
Durante esta semana iremos ampliando a información nesta web, por correo electrónico e nos nosos rincóns de facebook e twitter.