O Concello de Santiago de Compostela colgará hoxe a bandeira scout para conmemorar unha celebración moi importante para toda a gran familia Scout, o Día do Fundador.
En Galicia tamén os concellos da Coruña, Ourense ou Ferrol na celebración da xornada que ten carácter mundial
Santiago de Compostela, 22 de febreiro.

Santiago de Compostela sumarase á conmemoración do Día Scout Mundial colgando a bandeira Scout Mundial na fachada do Pazo de Raxoi durante toda a xornada en recoñecemento ao labor social, educativo e ambiental que desenvolvemos.
O 22 de febreiro é un día especial para as e os scouts de todo o mundo, xa que se conmemora o nacemento de Robert Baden- Powell e a súa esposa Olave, fundadores e persoas crave na organización xuvenil máis grande do mundo: o Movemento Scout. Os e as scouts suman en todo o mundo máis de 40 millóns de scouts co principal obxectivo de contribuír á educación en valores da infancia, para conseguir “cambiar o mundo e deixalo mellor do
que atoparon”, a súa máxima desde 1907.
Somos unha escola de cidadanía, na que educamos dende a coeducación na liberdade, a xustiza e a solidariedade, estimulando a responsabilidade persoal no marco da convivencia e o servizo á comunidade. Pretendemos contribuír a espertar o espírito crítico e participativo, respectando a liberdade persoal á vez que promovendo hábitos de vida saudable e o compromiso co coidado e defensa do medio. Alcanzamos as nosas metas educativas a través de actividades estimulantes e atractivas, xogos e moita diversión.
En Santiago de Compostela actualmente hai preto de 200 scouts en activo entre os tres grupos recoñecidos pola Organización Mundial del Movemento Scout:
- Grupo Scout CHAN 292, de carácter laico, integrado en ASDE – Scouts de Galicia, que ten a súa sede na Rúa de Boiro e con máis 40 anos de actividade activa en continua.
- Grupo Scout Tau, pertencente a federación Movementos Scout Católico – Escultismo Católico Galego e que ten a súa sede no Centro Socio- Cultural Juan XXIII con 6 anos en activo.
- Grupo Scout Khanhiwara, pertencente a federación Movementos Scout Católico – Escultismo Católico Galego e que ten a súa sede no Centro Xuvenil Don Bosco con 30 anos en activo.
Sete millóns de persoas voluntarias responsabilízanse no mundo cada fin de semana e cada actividade programada, de grupos de rapaces e rapazas, cos que comparten os seus valores e experiencias, e a quen acompaña no seu crecemento como futuros cidadáns e cidadás axentes do cambio positivo na sociedade.
#SiempreScout #WorldFounderDay #ScoutsfoundersDay #Scouting
