Posiblemente xa saibades (e se non, volo recordamos) que o día 22 de febreiro é un día moi importante no escultismo xa que celebramos o Día do Fundador xa que foi nesta data cando naceu Baden Powell.
É unha xornada na que scouts de TODO O MUNDO lembramos os valores que compartimos e a ilusión por #ConstruirUnMundoMellor.
E con tan importante motivo queremos compartir con todos e todas vós varias cousas:
O primeiro de todo, anunciarvos que durante este día tan importante para toda a gran familia scout a bandeira internacional do noso movemento lucirá no mesmísimo Pazo de Raxoi grazas á colaboración do Concello de Santiago de Compostela.
Tamén lucirá a bandeira nos Concellos doutras cidades galegas como A Coruña, Ferrol e Ourense e noutras moitas do resto de España.
En segundo lugar queremos anirmavos a todos e todas a que compartades a través de Twitter e Instagram unha imaxe e unha mensaxe para dicirlle a todo o mundo por qué sodes scouts, qué valores vos parecen máis importantes. Empregade a etiqueta #SiempreScout
E finalmente aquí tedes (insertámolo ao pé desta entrada) un video elaborado pola Oficina Mundial do Movemento Scout con motivo desde Día do Fundador, ou, como se citará nas redes a nivel internacional, #ScoutFoundersDay.
E tamén vos deixamos a ligazón a unha páxina web especialmenta creada pola Oficina Mundial para que poñades a proba os vosos coñecementos sobre BP: https://worldscouting.typeform.com/to/IGQG5c