O pasado sábado a actividade máis importante do #sábadoscout da Tropa foi un xogo de rol a través do cal os nenos e nenas reflexionaron sobre cuestións de xénero e igualdade de oportunidades, dentro da campaña #RompiendoEtiquetas #RompendoEtiquetas de ASDE Scouts de España.
O role-playing ou xogo de rol consistiu nunha dinámica na que se simulou unha situación cotidiá que se presenta na vida real. Para isto se repartiron unhas tarxetas e tiveron uns minutiños para preparalas e representalas por equipos. Tras ter representadas tódalas situacións, se comparten as reflexións persoais sobre o que se viu e se dramatizou.
A COEDUCACIÓN é unha das bases fundamentais de todo o programa educativo que desenvolvemos no Movemento Scout dende ASDE Scouts de Galicia e ASDE Scouts de España.
#RompiendoEtiquetas #RompendoEtiquetas #Igualdade #Coeducación.